Ademais dos Tesouros da Fundación para coñecermos toda a cultura que hai no Museo Fernando Blanco de Cee, a Fundación vén de realizar un vídeo para poder realizarmos unha visita virtual.
Xa colgado na web www.museofernandoblanco.org, o video recolle a historia do mecenas e a capital importancia do seu legado para a vila da Xunqueira, podendo apreciarse boa parte dos fondos en exposición (dende os cadros de Federico de Madrazo ou a colección de ourivería relixiosa da capela do Instituto ata unha das mellores coleccións de material didáctico-científico de Galicia pertencente aos Gabinetes de Física e Química adquiridos no 1890-1891 en París).
A visita desenvólvese a través de 50 fotografías, case todas de Rafael Quintáns Canosa, contando coa voz en off do técnico do Museo Fernando Blanco, Darío Areas.
Nos vindeiros días enviarase a tódolos centros educativos de Galicia co obxectivo de que o teñen en conta á hora de programar as súas visitas escolares.
TESOUROS DA FUNDACIÓN
- Tesouros da Fundación: Custoria ou Ostensorio.
- Cristo Crucificado (óleo).
- Monumento dedicado a Fernando Blanco de Lema.
- Gramófono.
- Modelo Locomotora de Crampton.
- Telégrafo de Morse.
- Cámara escura fotográfica.
- Placa conmemorativa dedicada a Vicente Vázquez Queipo.
- Máquina de escribir Underwood Nº5 .
- Esquema orográfico e hidrográfico de Galicia.
- Fonógrafo de Edison
- Estación Telefónica Interurbana (O primeiro teléfono de Cee).
- Óleo de Fernando Blanco de Lema.