Domingo. 13.10.2024
El tiempo

A Praza do Concello da Laracha tamén perderá dúas palmeiras pola praga do picudo vermello

2023.10.21.- Palmeira Praza do Concello Laracha afectada polo picudo vermello
Unha das palmeiras do Praza do Concello Laracha afectadas polo picudo vermello
A Praza do Concello da Laracha tamén perderá dúas palmeiras pola praga do picudo vermello

Do sur a norte vai o picudo vermello arrando con cada palmeira que atopa. A praga deste escaravello entraba hai un par de anos por Muros e xa arrasa coas palmeiras de Carballo e A Laracha. Así o recoñece o Concello da Laracha, que  ten previsto acometer a próxima semana, se as condicións climatolóxicas o permiten, o corte de dúas palmeiras situadas na Praza do Concello e que están afectadas pola praga do picudo vermello.

Despois de que os servizos de conservación e mantemento de zonas verdes fixesen as revisións oportunas das árbores para comprobar que son irrecuperables ao presentar defectos en diferentes puntos, en especial no interior do tronco, tomouse a decisión de eliminalas á maior brevidade por motivos de seguridade.

Un dos exemplares que será cortado sitúase na zona adoquinada da praza, preto do obelisco, e o outro, no xardín do lateral da Casa Consistorial. A carón deles existen outras dúas palmeiras que tamén están en situación de risco e serán obxecto de tratamentos conservadores por parte do Concello para tratar de salvar estas icónicas árbores.
Os entornos das palmeiras que serán eliminadas permanecen acordoados para advertir á cidadanía do risco de caída de polas neses espazos.

NOVAS RELACIONADAS

  •  

 

Comentarios