xoves. 14.11.2024
El tiempo

Unha de monólogos por Martín Varela

Unha de monólogos por Martín Varela

Xa coñecemos os problemas de patrocinio quen o cormelán Martín Varela para seguir competindo a nivel internacional. O probablemente mellor deportista da Costa da Morte nos últimos anos (xa é nº 60 do Mundo), segue no seu camiño cara as Paraolimpiadas Londres 2012: pero ten o problema de sempre: o financiamento.

Unha das ideas que surxiron é a de organizar unha tarde de monólogos. E xa está en marcha, cos mellores monologuistas do país que se achegarán ao Auditorio de Cabana este sábado 26 de novembro para facer rir a toda a comarca. A idea é que a recadación será para axudarlle ao cormelán na súa carreira deportiva.

E se dicimos que son os monologuistas de referencia do país é por algo. Aí temos a Víctor Grande, que xa ten actuado pola Costa coa súa proposta lúdico-musical; Pepo Suevos, que xunto con Dani Currás fan unha parella de narcos espeluznantes en Matalobos. E tamén estará Oswaldo Digón.

A cita inclúe un autobús de balde dende a súa cidade natal, Corme, con parada en Ponteceso. I é que son ducias os seguidores de Martín pola zona. Poden ir mercando xa a entrada na Papeplería Vidú de Corme, ou no 652 631 682 ata o mércores 23; e ta taquilla o propio sábado 26.

DALLEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEE!!!!!

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Esteban Varela.

Comentarios