Venres. 19.04.2024
El tiempo

A eterna denuncia sobre a redución do profesorado

A eterna denuncia sobre a redución do profesorado
Sesion de cooperativismo no IES Pedra da Aguia

”O Consello Escolar do IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto (Camariñas) está indignado polos recortes que levan sufrindo nos últimos anos”. Así de crú é o último comunicado que nos envían dende o centro de ensino camariñán, ante o agravamento da situación neste comezo de curso 2014/15, que lembremos, é o primeiro trala posta en vigor da polémica Lei #LOMCE.
Así o avalan as cifras pois o centro, desde o curso escolar 2009/10 perdeu un 30% do profesorado mentres que a matrícula só se reducíu nun 18%.

Dende a Ponte denuncian que “xa iniciado este curso, agravouse a situación coa redución horaria da Mestra Especialista en Audición e Linguaxe, pasando de xornada completa a media xornada de dedicación ao noso alumnado, o que implica o abandono do alumnado con necesidades educativas especiais máis acusadas na área da linguaxe”.

Aí chegaba unha nova e dura negativa da Xunta con máis recortes ante a denuncia pública do centro. Así, e tendo en conta que xa ao inicio deste curso 14/15 suprimiran outra media praza no centro, atópanse neste momento cunha especialista menos en Apoio.

Pola contra, o número de alumnos con Necesidades Edcucativas Especiais incrementouse e só dispoñen dunha profesora e media para atendelo.

Ante a situación, tócalles reflexionar dende o centro: “Nos derradeiros anos estamos asistindo a unha redución paulatina de profesorado, ano tras ano. Tendencia que, se non se frea, vai repercutir moi negativamente na calidade do ensino”, valoran coa pouca esperanza de que cambien as tornas.

Novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

Comentarios