mércores. 30.04.2025
El tiempo

Camariñas arma un gran entroido parrandeiro

Camariñas arma un gran entroido parrandeiro
Entroido Camarinas 2014

Faltábanos o Entroido de Camariñas por recoller. E aquío traemos, completo.

Un programa que comeza coa Festa do Entroido no pavillón da Ponte do Porto para o sábado 1 de marzo.
O domingo pola mañá será o momento para disfrutar do desfile e actuación da comparsa as Danzatekas de Vimianzo polas rúas da Ponte e de Camariñas; e pola tarde haberá festa infantil na Casa do Alemán de Camelle a partir das 17:00h. Todo, da man da asociación Abrindo o Rego, con chocolatada e demais enseres.
Tamén haberá actividades o luns 3 de marzo, cunha festa infantil na Casa de Pedra.

Pero a gran cita será o martes 4 de marzo, co Concurso de Comparsas, tanto dos adultos coma o infantil. O gañador dos maiores levará 350€, 200€ o segundo e 150€ o terceiro.

E non remata aí a cousa, pois o sábado 8 aínda que o velorio e o Enterro da Sardiña, dende ás 17:00h na Casa de Pedra de Camariñas, e co cortexo fúnebre amenizado pola banda de gaitas "Con toda en banda".

Programa Entroido Camarinas 2014

Entroidos na Costa da Morte

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios