mércores. 30.04.2025
El tiempo

A Mikaela e o Caietano protagonizan os entroidos bergantiñáns

A Mikaela e o Caietano protagonizan os entroidos bergantiñáns
Enterro-da-Mikaela-de-Buno-2014

Menudos dous personaxes os dos entroidos de Buño e Laxe. A Mikaela e o seu Via Crucis de bares, compartirá protagonismo, ademais dos veciños o Farruco de Seaia e o Faustino de Malpica, co laxense Caietano, que se convertíu nos últimos anos nunha referencia festexeira.

A gran cita para estes dous persoeiros será no seu enterro (que triste a vida do personaxe de entroido...). En Buño, a gran cita, o enterro da Mikaela será o sábado 8, con charanga, sesión vermú, procesión hostaleira, concurso de disfraces, a incineración e festa rachada coa Canadá e a disco móbil.

Entroido veciñal en Laxe

Enterro do Caietano de Laxe 2014

En Laxe, as asociacións xa armaron un gran programa de entroido, que arrincará o domingo 2 de marzo co desfile e a festa de comparsas. Será o día da chegada do Cayetano, que dará o pregón se proclamará o alcalde (por pouco tempo, como sabemos pola súa historia).
Arrincará o concurso de comparsas, no que ata o momento teñen confirmada a súa participación 5 comparsas de temática variada e nas que se verán implicadas máis de 70 persoas.

A gran festa será a do venres 7 de marzo, co Enterro do Cayetano. Dende primeiras horas da mañá, o “corpore in sepulcro” do Cayetano permanecerá exposto diante da Casa do Concello, anunciando o inevitable: o seu enterro e queima esa mesma noite co fin de que non volva máis polas terras de Laxe.

A festa deste día comezará ás 21:30h coa Concentración de viuditas e demais coñecidos/as e achegados/as do Cayetano na Praza dos Voluntarios para oficiarlle a Misa "córpore in sepulcro" polo bispo Florentino, xa ás 22:00h. A procesión arrincará ás 22:30h polas rúas de laxe animada pola Cofradía Nuestro Padre Jesús del Silencio de Pontevedra, armada con cornetas e tambores. Durante a procesión non faltarán tampouco nin as as velas nin as antorchas.
E xa ás 0:00h, queima do Caietano na praia de laxe á altura da Praza dos Voluntarios e comezo dunha Gran Festa cos grupos: Tren da Unha de Laxe e Per-Versións, da Coruña.

Novas relacionadas

Comentarios