Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Coa do IES Pedra da Aguia, son 6 as aulas pechadas por covid na comarca

25N no IESP Pedra da Aguia
25N no IESP Pedra da Aguia
Coa do IES Pedra da Aguia, son 6 as aulas pechadas por covid na comarca

Esta fin de semana desenvolveuse un cribado no IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto, ante a aparición de 6 casos. O alumnado de 3º e 4º da ESO, e persoal do centro, fixéronse un total de 93 probas PCR, detectándose 5 casos positivos máis, o que suma un total de 11 no alumnado e 3 no profesorado.

No grupo de 3º da ESO 'B' supéranse os casos permitidos polo que se procede a pechar a aula. O alumnado recibirá a formación de xeito virtual.
Queda pendente levar a cabo un cribado para o alumnado de 1º e 2º da ESO.

Cos datos do 4 de decembro, son arredor de 75 casos positivos en toda a comarca, tendo nestes momentos 6 aulas pechadas:

  • E.I Municipal A Casa dos Títeres (Cabana).
  • E.I. Municipal Vila da Xunqueira (Cee).
  • CEIP Virxe da Barca (Muxía).
  • CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza (Santa Comba).
  • E.I Cativos (Muros)).
  • IES Pedra da Aguia (Camariñas).

Máis novas do COVID

Comentarios