Fin de semana de sendeirismo diurno e nocturno

Unha fin de semana máis, o sendeirismo toma a bisbarra. Esta fin de semana teremos dúas citas, unha de día co Camiño dos Faros, e outra noctura con Senda Nova.
6ª etapa do Camiño dos Faros

Os trasnos seguen coa intención unir Malpica e Finisterre outra vez polo borde do mar, e a pé. E este domingo 14 de xullo invitan a todo o mundo a facer a 6ª etapa que discorre entre Camariñas e Muxía.
A quedada será no Bar O Xardín, á entrada de Muxía, ás 9:00h, dende onde sairá o bus gratuito (gracias á colaboración de Autocares Pedro Pombo) cara Camariñas para que ao remate da xornada, sobre ás 20:00h, os coches estean xa preparados para voltar a casa.
Serán 30 fermosos e suaves quilómetros, pero ide cargados con comida, claro. O principio da etapa, que nos leva pola Ensenada da Basea e a desembocadura do Río Grande. Ao chegar á Praia de Ariño xa non se pode remontar máis o río Grande pola beira. Terán que saír ao interior para cruzar Dor, Allo e chegar a Ponche do Porto, onde contarán atravesando a ponte ata Cereixo, coa súa Igrexa de Santiago e as Torres de Cereixo. Desde alí subirán polo pinar para chegar á Praia de Lago, onde intentaremos facer unha parada grande.
Da praia cara o sur chegarán a Merexo, coa súa pequena bahía, Os Muíños e a fermosa ruta dos muíños do río Negro, conxunto de varios molinos rehabilitados que conectan un tramo de río de 1500 metros ata a praia. Mosterio de Moraime, e Praia de Borreiros, para atravesar o Bosque de Chorente e chegar a Muxía polas praias de espiñeirido e Cruz. A ruta non rematará sen subir ao Corpiño, e á Punta da Barca para, desde as súas pedras, ver unha das mellores postas de sol da Costa da Morte. O final desta etapa é no Coido, zona cero do desastre do Prestige.
Roteiro nocturna por Zas con Senda Nova

E que mellor lugar para ver as estrelas que os montes de Zas. Así a entidade carballesa Senda Nova, dentro do seu programa "Veran ao Natural", organiza para a fin de semana do 13 e 14 de xullo o Roteiro Nocturno que os levará de novo a Zas para percorrer 10 km no medio da noite e en paraxes onde habita o lobo. Pico de Meda será o lugar de pararse a sentir a noite e S. Roque do Monte o de pernocta.
Máis información
Novas relacionadas
- 5ª etapa do Camiño dos Faros: A imaxinación vai a pé.
- 4ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros xa non ten volta atrás.
- 3ª etapa do Camiño dos Faros: Os camiñantes vertebraron a Costa dende Ponteceso a Camariñas pasando polo Monte Pindo.
- 2ª etapa do Camiño dos Faros: Os camiñantes foron unha fin de semana máis os protagonistas.
- 1ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros ábrese ao mundo.
- Percorrendo a pé, e con Traski, o Camiño dos Faros da Costa da Morte.
Máis novas
- O V Encontro Monte Pindo faranos disfrutar do sendeirismo, historia e gastronomía.
- Natureza, historia e etnografía facendo sendeirismo por Malpica.
- As Andainas invaden a Costa da Morte.
- Javier Couto: “O turista cada día é máis esixente, e cada vez pide máis sendeirismo”.
Máis novas
- O primeiro Roteiro Natural do Concello de Malpica cumpre 25 anos.
- Os Camiños do Mar lévannos a Ponteceso.
- Xeocaching: En busca do tesouro agochado.
- Facendo cumio do Roteiro das Peixeiras do Monte Pindo.
- Roteiros homologados na Costa da Morte?.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).