Máis de 50 voluntari@s coidarán da Mostra

07:35 04/04/23
A XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña volverá a contar cun fenomenal equipo de voluntarios e voluntarias formado por máis de 50 persoas que, como cada ano, asegurarán o bo funcionamento do evento durante os cinco días.
Por unha parte, as azafatas e os azafatos encargaranse de coordinar que toda a programación se desenvolva segundo o previsto, tanto no control da entrada ou no posto de información como no acceso á sala de desfiles, axudando tamén en calquera dúbida aos visitantes.
Por outra banda, como ven sendo habitual, a agrupación de Protección Civil de Camariñas despregará un dispositivo de seguridade e de tráfico, esencial para o desenvolvemento da Mostra e tamén para solucionar calquera imprevisto.
MÁIS NOVAS DA Mostra
- As presentacións literarias e o ArtEncaixe completan o programa da Mostra
- Sara Lage e Dolores Cortés completan a lista de nomes para as Grandes Firmas da XXXII Mostra do Encaixe.
- A EASD Mestre Mateo participará no desfile de ‘ArtEncaixe’ da Mostra.
- Modesto Lomba non fallará á súa cita coa Mostra.
- Touriñán porá as risas na Mostra do Encaixe.
- A música ponse de moda na Mostra.
- Edith del Valle e Esteban Freiría volverán reinar na pasarela da Mostra.
- Stolt Sea Farm non falla a súa cita na Mostra do Encaixe.
- Máis desfiles que nunca no programa da Mostra do Encaixe.