O Concello de Carballo tamén presentou alegacións contra a liña de Alta Tensión dos P.E. Monteagudo e Pedra Queimada

Non só son os viraventos os que fragmentan o noso territorio. As liñas de Alta tensión son aínda outro problema máis grave, se cabe. Atravesan o paìs provocando grandes fragmentacións. De aí que o Concello de Carballo, ademais depresentar alegacións contra Parque Eólico Monteagudo tamén as presente agora polas liñas de evacuación tanto deste como o de Pedra Queimada.l
O proxecto prevé a construción dunha liña de 13.722 metros ao longo dos municipios de Arteixo, A Laracha e Carballo, e que no concello carballés constaría dun treito soterrado de 46 metros e doutro aéreo de 1.936 metros.
O primeiro reparo do Concello de Carballo ten que ver coa afección paisaxística que suporía o trazado previsto, e nese sentido reclamamos o cumprimento das Directrices da Paisaxe de Galicia.
Ademais, segundo os mapas de zonificación ambiental para enerxía eólica publicados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, o trazado afecta a zonas “de sensibilidade ambiental máxima”, polo tanto non recomendadas para a implantación deste tipo de proxectos.
O informe tampouco avalía o impacto da instalación prevista sobre o núcleo de Borrazás, malia que entre o límite do núcleo e a liña só hai 250 metros de distancia. Nese sentido, o proxecto debería ter en conta os campos electromagnéticos xerados pola liña e, en todo caso, establecer as medidas protectoras ou correctoras necesarias.
É máis, o proxecto incumpre a Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, xa que establece unha distancia de 2,2 metros para a xestión da biomasa, mentres que a lei obriga a xestionala nunha franxa de 5 metros.
NOVAS RELACIONADAS
- Xullo 22: Os eólicos, os grandes inimigos do destino Starlight.
- Xullo 22: Os Concellos da Laracha e Carballo presentan alegacións aos Parques Eólicos Pedra Queimada e Monteagudo.
- Xuño 22: O Concello de Mazaricos loitará contra a instalación do Parque Eólico de Alvite.
- Xuño 22: O Concello da Laracha ofrece modelos de alegacións contra o P.E. Carboeiro.
- PE Monteagudo: Avanza a tramitación do P.E. Monteagudo.
- A Laracha ao completo presenta alegacións contra os proxectos eólicos de Carboeiro e Monteagudo.
- P.E. Carboeiro: Outros xigantes que ameazan á parroquia larachesa de Erboeiro
- O Concello da Laracha tamén presenta alegacións contra o Parque Eólico Coto Loureiro.
- Xan Fdez. Carrera: Recuperemos o Monte Neme.
- A lamentable batalla da Comunidade de Montes do Ézaro coas empresas eólicas... e a Xustiza.
- P.E. Coto Loureiro: 14 aereoxeneradores sobre A Laracha.