Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Evencio Ferrero: “Coa Tarxeta Monedero fomentaremos a economía circular e moveranse máis de 1 millón de euros dentro do Concello”

Evencio Ferrero: “Coa Tarxeta Monedero fomentaremos a economía circular e moveranse máis de 1 millón de euros dentro do Concello”

Este singular día de San Xoán cuadrou que na rolda de conversas cos alcaldes e alcaldesas da comarca nos #DirectosQPC fixemos parada en Carballo. Falamos con Evencio Ferrero, que recoñeceu que hai máis de 800 solicitudes para facer cachelas en lugares privados o que dá conta das “gañas de festa e de San Xoán” que ten a veciñanza carballesa. “O que non poden é quitarnos a amizade”, apuntou, recoñecendo que vai pasar a noite, e o día de mañá con familiares e amigos.

Impacto social

Ferrero repasou como se xestionou a crise a nivel municipal, e recordou o feito que máis o marcou de toda esta pandemia: cando non puido estar cerca de seres queridos que perderon aos seus familiares. Pola contra valorou o esforzo e solidariedade de toda a sociedade carballesa cas familias máis desfavorecidas, poñendo como exemplo a fermosa reconversión da Escola Municipal de Hostalería nun comedor social, chegando a crear 2.500 menús solidarios.
Apuntou ademais que se duplicou a cantidade de familias adheridas ás axudas dos Servizos Sociais e agradeceu o traballo de entidades como Cruz Vermella ou Cáritas.

Economía circular

En clave económica, lembrou as numerosas xuntanzas do departamento de Promoción Económica con diversos colectivos para tomar unha decisión importante: a implatanción, como teñen feito numerosas cidades europeas (algunhas vascas) de establecer unha Tarxeta Monedero para fomentar a Economía Circular. O Concello cargará 26.000 tarxetas (para todos os maiores de 18 anos) con 30€, e cada veciño terá que poñer outros 20 para poder activalas e gastar en calquera dos negocios carballeses que se adhiran á iniciativa.
O proxecto está en procedemento de adhesión aínda, e conta cunha partida de 700.000€ (dunha remodelación dos orzamentos), o que xerá un movemento de cartos dentro do termo municipal carballés de máis de 1 millóns de euros.

Praias e medioambiente

Falouse de praias, e da falta de necesidade de tomar medidas concretas para controlar o aforo, unha vez que, por exemplo, a praia de Razo, mantendo as medidas de distancia de seguridade, ten un aforo de 15.000 persoas.

Pero amosouse moi orgulloso do recoñecemendo da European Green Leaf de colocar a Carballo no TOP10 das cidades de menos de 100.000 habitantes con mellores prácticas ambientais de Europa. Un recoñecemento a un traballo de longo percorrido (van moitos anos con proxectos como o pedibús, as sendas ciclistas, a horta urbana, accións de mobilidade, de recollida de lixo e de limpeza, do ciclo da auga… integrados nunha estratexia a 2030. “Quixemos medirnos, compararnos a nivel europeo, e tivemos moitas felicitacións de moitos outros concellos pero tamén de moitos veciños”, valorou.

Policía Local, teletraballo, RTP…

Falouse tamén da posibilidade de que o concello asuma a XESPOL, esa ferramenta de xestión dos corpos de policía creado por dous policías carballeses; da oportunidade que temos de aproveitar a realidade do teletraballo, que será posible cando se vaia implantando a cita previa nas dependencias municipais; ou do estado da Relación de Postos de Traballo, e dos procesos selectivos que están pendentes de recuperar, como é do Servizo de Normalización Lingüístico.

Infraestruturas

Non sabemos nada nin sequera do proxecto da Circunvalación”, a pesar de que xa máis de 6 meses dende que a Xunta anunciou que ía licitar “en breve”. É un compromiso cos empresarios do Polígono de Bértoa e non pode ser que o transporte pesado teña que atravesar numersas vías urbanas e mesmo pasar por diante dun colexio, un instituto…”

Ademais, apuntou á Consellería de Industria como responsable de obrigar a antiga concesionaria da Mina do Monte Neme a restaurar medioambientalmente a zona, como a propia plataforma veciñal.

Cultura e sociedade

A nivel social, considera que os Servizos Sociais traballan arreo para conseguir a integración de real das comunidades de moinantes de Carballo, pero sinala que hai un claro impedimento no feito de que non teñan unha asociación ou entidade, que os aglutine para facer de interlocutor co Concello.

E sobre a boa nova da edición híbrida do Festival de Contidos Dixitais Carballos Interplay en novembro, deixou aberta a posibilidade de que este ano tamén se viva algunha acción arredor doutra experiencia pioneira en España e no mundo, como tamén o é o Rexenera Fest e Derrubando Muros con Pintura. Un proxecto que o alcalde valora moi positivamente destacando que “estamos conseguimos que haia o fluxo inverso. Antes eramos nós, por exemplo na docencia, os que iamos sempre á Coruña a a visitar espazos culturais ou científicos, e agora tamén vemos que veñen estudantes da Coruña a Carballo a visitar o noso museo ao aire libre”.

Todos os #DirectosQPC

Rolda de alcaldes e alcaldesas nos DirectosQPC

Comentarios