Luns. 29.04.2024
El tiempo

En marcha os días de talento dixital e audiovisual no Carballo Interplay

Carballo Interplay o xoves-Cafe Derby
Facendo o Petiscos no Derby
En marcha os días de talento dixital e audiovisual no Carballo Interplay

Arrincou onte na súa nova sede do Mercado Municipal, a undécima edición do Carballo Interplay, festival de webseries pioneiro en España e cita de referencia para as creadoras e creadores de contidos dixitais de todo o Estado. O programa, ata o domingo, volverá poñer o foco nas novas linguaxes, propostas e xeitos de entender a narración e a cultura audiovisual en relación coa rede.

Durante a presentación oficial, ademais de entregaren o galarón Dinoescolas ante o público escolar que encheu a sala, a deputada de Cultura, Natividade González, puña en valor a aposta de Xosé Regueira polo festival dende o comezo. "É de moito mérito sacar adiante proxectos, sobre todo no audiovisual, que son moi difíciles de visibilizar”, sinalou. Extendeu Regueira o traballo do traballo do Concello de Carballo e das directoras do festival, Sonia Méndez e Andrea Villa, "sen quen non sería posible o cartelón do que gozaremos estes días: levan facendo once anos a milagre de traer a Carballo todo o bo que está pasando na internet e no mundo das webseries”.
Para o vicepresidente da Deputación, "o festival non é un festival calquera; o Interplay é moito máis ca un festival de contidos dixitais, de internet ou de webseries: é un espazo para a reflexión e para a liberdade e que se fai desde o respecto á diversidade; neste festival pasan moitas cousas e de todas esas cousas se aprende. Esa é a grandeza do Interplay: o respecto e o respecto á diversidade”, apuntou antes de lembrar dous nomes moi vencellados ao festival, xa falecidos: Pedro Brandariz e Miguel López, El Hematrocrítico.

Podcast

Carballo Interplay Exercito Mekemeke
Exército Mekemeke en acción

Durante a xornada, ademais de realizar unha sesiónsesión de videregueifa (Malva e Sara Seco foron lanzando vídeos míticos das redes), graváronse dous dos mellores podcast do país, como son ‘Exército Mekemeke’; ‘Pestiscos no Derby’, un show especial preparado para o festival polo podcast Café Derby 21.
Pola tade tamén se viviu unha sesión especial: a estrea da serie galega “A moza que abourtou e o contou”, ditixida por Eire Cid e Rosalía Quiroga, que o ano pasado levou o premio a Mellor proxecto.

Venres: Espazo profesional e Sesión Golfa

O venres arrinca na mañá a xornada do venres 5 de abril coa Zona Pro, un espazo de reflexión e xuntanza no que voces relevantes do mundo dixital e audiovisual conversarán sobre temas de actualidade e tendencias nestes eidos. Falarase do éxito da rexouba e a nostalxia na rede cos xornalistas Juan Sanguino, Raquel Piñeiro e Anxo F. Couceiro, do estado dos podcast e web series co investigador e director de Estación Podcast Nacho Gallego e co cineasta Joël Bassaget. O lanzamento de OTT nas televisións autonómicas CRTVG e EITB, de Euskadi será outro. Ademais, durante a tarde os asistentes poden participar nun obradoiro de creación dixital da man de Pol Mallafré, de Mockudrames. Os interesados en asistir poden inscribirse de balde no formulario dispoñible na páxina web do festival.

Na xornada da tarde proxectarase ás 19:00 o bloque de series “Experiencias da vida”, Unha viaxe ata a Francia en guerra de 1915, a historia dun home que descobre un almacén de droga e decide facer negocio ou un repaso en clave de comedia a todas as situacións que se poden dar despois de ter sexo. Neste bloque proxectaranse Les Chroniques de Gliwensbourg, BANANAS, En vida en extinción. Don Pancho, Poscoito e Restaurant in the town.

O cómico Xavi Daura presentará por primeira vez en Galicia o show de stand up “XD”. Cocreador do dúo Venga Monjas presentará por primeira vez en Galicia un show de stand up no que xoga coas súas iniciais no título “XD”. Daura traballou como guionista en proxectos como Da Suisa e Museo Coconut e actualmente forma parte do equipo do late night La Resistencia.

Esta xornada rematará coa clásica Sesión Golfa, ás 23:30 cunha selección que leva por nome “Risas que dan vida”. A imaxinación voa cun universo no que non existen cousas tan básicas como chanzos ou cartos, o público coñecerá Pulp Airlines, a aerolínea máis excéntrica do aeroporto de Carballo e un repaso histórico no que hai máis improvisación que historia. As series deste bloque son Un mundo sin, Pulp Air, The struggle for existence, Historia Mal, Lowbudget e Content Farm.

Programa completo

 

Viernes 5 de abril

  • 18:00 - 19:00 | Taller aberto creación dixital con Pol Mallafré (Mokudrames)   | MERCADO MUNICIPAL
  • 19:00 - 20:30 | Series “Experiencias de vida”  | MERCADO MUNICIPAL
  • 22:00 - 23:30 | SHOW XD con Xavi Daura  | MERCADO MUNICIPAL
  • 23:30 - 00:30 | Series hora golfa “Risas que dan vida”  | MERCADO MUNICIPAL

 

Sábado 6 de abril 

  • 11:30 - 12:30  h | PANEL - E se imprimimos internet?  | MERCADO MUNICIPAL
  • 12:30 - 14:00 h | PANEL - O dixital é político | MERCADO MUNICIPAL
  • 17:00 - 18:00 h | PANEL - PANTUBE. Tell me more.  | MERCADO MUNICIPAL
  • 18:30 - 20:00 | MALDITO BOLLODRAMA live show  | MERCADO MUNICIPAL
  • 20:00 - 21:30 | Series “Destinos da vida”  | MERCADO MUNICIPAL
  • 21:30 - 22:30 | Rajando con… PENA Y PÁNICO  | MERCADO MUNICIPAL
  • 00:00 - 01:30  h | Karaoke con Esteban | American Dreams

 

Domingo 7 de abril 

  • 11:30 - 12:30 | Código fonte audiovisual “Las amigas productions” con Carolina Iglesias y Laura Márquez  | MERCADO MUNICIPAL
  • 12:30 - 13:30 | Entrega premios con Izquierdo Sisters  | MERCADO MUNICIPAL
  • 13:30 h | Sesión vermú con Marta Salicrú | aXamonería | Rúa Coruña, 17, 15102 Carballo, A Coruña

MÁIS NOVAS DO INTERPLAY

REPASO HISTÓRICO DO CARBALLO INTERPLAY

Comentarios