A praga do picudo vermello tamén obriga a talar a palmeira do Xardín de Carballo

Arrasa a praga do picudo vermello (Rhynchophorus ferrugineus) por Bergantiños. Despois de ter que talar as da Praza de Vigo e a do edificio de Facenda, o Concello vai ter que talar a palmeira de 14 metros do Xardín, do centro da vila. A pesar dos intentos por salvala, o informe elaborado pola empresa especializada Terapia Verde esta semana determinaba que “o estado de avanzada infestación por picudo vermello e a inexistencia de vitalidade determinan a non viabilidade do exemplar e fan precisa a súa retirada”.
Nestes momentos xa non ten follas na parte alta e as que conserva están deitadas, síntoma do avance do deterioro. Tampouco hai clorofila, o que non permite a circulación de auga e alimento pola planta, e a desaparición da xema apical, que é o único punto de crecemento da palmeira, implica que xa non xerará novas follas e que as existentes irán desaparecendo.
A empresa recomenda a retirada “urxente” do exemplar para evitar unha maior dispersión da infestación por picudo vermello e polo risco de desprendemento das palmas, co conseguinte risco para as persoas usuarias do xardín.
Aquí tes algunhas imaxes da corta da vella palmeira do xardín da Praza do Concello, unha planta simbólica que viu como foi medrando e transformándose Carballo durante moitos anos, pero que non puido superar a infestación por picudo vermello. pic.twitter.com/x32Pc936mA
— carballo_gal (@carballo_gal) November 29, 2023
NOVAS DA PRAGA DO PICUDO VERMELLO
- Novembro 23: Outras dúas palmeiras menos en Carballo.
- Outubro 23: A Praza do Concello da Laracha tamén perderá dúas palmeiras pola praga do picudo vermello.
- Outubro 23: Carballo trata de salvar a palmeira da Praza do Concello afectada polo picudo vermello
- Xaneiro 23: O picudo tamén leva varias palmeiras de Cee.
- Xaneiro 23: O picudo tamén leva varias palmeiras de Fisterra.
- Outubro 22: O picudo vermello tamén arrasa coas palmeiras de Fisterra.
- 04-10-2022: Adeus ás palmeiras da Praza de Castelao de Corcubión.
- Alegato urbanístico de Boca de Sapo para Corcubión.
- Setembro 22: As palmeiras da Praza Castelao, afectadas polo picudo vermello, xa caen a anacos.
- Agsosto 22: O picudo vermello segue avanzando e xa afecta a unha Palmeira da mítica Praza Castelao de Corcubión.
- Xaneiro 22: A praga do picudo vermello pon en perigo a superviviencia das palmeiras do sur da Costa da Morte.
- Xaneiro 22: Alertan de que a praga do picudo vermello xa chegou a Corcubión.
- Novembro 21: "Xa non é só por tirala en calquera lado, senón que ademais así propagas a praga do picudo”.
- Marzo 20: O picudo vermello cébase cas palmeiras de Muros.