Outras dúas palmeiras menos en Carballo pola praga do picudo vermello

Segue arrasando coas palmeiras de toda a comarca o picudo vermello (Rhynchophorus ferrugineus). A praga deste escaravello entraba na comarca polo Muros aló por marzo de 2020, e pouco a pouco foi vindo cara o norte, onde xa provocou a tala de dúas na Laracha e está atacando a varias de Carballo.
De feito, mentres tratan de salvar a palmeira do centro da Praza do Concello, outras dúas tiveron que ser taladas.
Trátanse das palmeiras na Praza de Vigo e xunto ao edificio de Facenda que estaban moi afectadas polo picudo vermello e o risco de desprendemento de palmas ou de caída era moi elevado. De feito, dado o alto nivel de afección, de 3 e 4 sobre 5, os expertos consideraban irrecuperables ámbolos dous exemplares.

A da praza do Concello
O Concello centra a atención en salvar o centenario exemplar de 16 metros de alto situado no xardín da Praza do Concello. En principio está previsto realizar unha poda, pero as dificultades para acceder á zona afectada polo picudo vermello, que é a máis elevada, obrigan a estudar as alternativas. “Os expertos teñen moitas dúbidas sobre a supervivencia desta palmeira, pero, dado o seu carácter emblemático e o seu emprazamento, estase a facer todo o posible pola súa conservación”, explican dende o consistorio, apoiado por unha empresa especializada para realizar o seguimento dos exemplares de Phoenix canariensis que temos repartidos por espazos públicos da zona urbana e das parroquias.
NOVAS da praga do Picudo Vermello
- Outubro 23: A Praza do Concello da Laracha tamén perderá dúas palmeiras pola praga do picudo vermello.
- Outubro 23: Carballo trata de salvar a palmeira da Praza do Concello afectada polo picudo vermello
- Xaneiro 23: O picudo tamén leva varias palmeiras de Cee.
- Xaneiro 23: O picudo tamén leva varias palmeiras de Fisterra.
- Outubro 22: O picudo vermello tamén arrasa coas palmeiras de Fisterra.
- 04-10-2022: Adeus ás palmeiras da Praza de Castelao de Corcubión.
- Alegato urbanístico de Boca de Sapo para Corcubión.
- Setembro 22: As palmeiras da Praza Castelao, afectadas polo picudo vermello, xa caen a anacos.
- Agsosto 22: O picudo vermello segue avanzando e xa afecta a unha Palmeira da mítica Praza Castelao de Corcubión.
- Xaneiro 22: A praga do picudo vermello pon en perigo a superviviencia das palmeiras do sur da Costa da Morte.
- Xaneiro 22: Alertan de que a praga do picudo vermello xa chegou a Corcubión.
- Novembro 21: "Xa non é só por tirala en calquera lado, senón que ademais así propagas a praga do picudo”.
- Marzo 20: O picudo vermello cébase cas palmeiras de Muros.