O retorno do Sereas e Piratas xa ten cartel

Xa tiñamos gañas de ver o cartel despois de que a semana pasada descubriramos que volve o Sereas e Piratas. E xa temos o divertido cartel coas fantásticas bandas que tocarán nun espazo natural incrible durante a fin de semana do 29 e 30 de xullo.
Se The Parrots, Biznada e Los Vinagres son o cabeza de cartel, cómpre destacar tamén as bandas da zona que serán protagonistas. Non faltará o soul de Apart, a banda carballesa máis emerxente do panorama estatal. Estará tamén Lóstregho lanzando os seus zarpazos cañeros dende Ponteceso, e Tu futura ex mujer, outra banda carballesa da que xa nos falou o noso picadiscos Maikel Pérez Castro. Un Maikel Dj set que tamén pinchará para deleite dos que gustan do baile ao aire libre.
O cartel complétase cunha lista enorme de bandas para encher os dous escenarios, foodtrucks, acampada e moitas actividades paralelas como volei praia, surf, skate…
Novas relacionadas
- SoandoconForza con Maikel DJ.
- Apart presenta o vídeoclip do último tema do seu último álbum, gravado no Patacón.
- A Arroutada de Lóstregho, xa en vinilo.
- #Soandoconforza: “Tu Futura Ex Mujer”.
Novas da Axenda Festivaleira da Costa da Morte
- O Festival Sereas e Piratas volverá encher de música a praia de Razo.
- Vimianzo prepárase para 25º aniversario do Asalto ao Castelo.
- O Festival das Carrilanas e o Castelo Rock xa contan as horas co cartel ao completo.
- “Unha Carballeira para tod@s”.
- O Orballo Cultural volve arrincar o verán en Carnota.
- Dous escenarios para o Rockin’Carballo.