Carnota focaliza o programa das Letras Galego nos centros de ensino
A Concellería de Cultura, Turismo e Normalización Lingüística do Concello de Carnota lanza o seu programa de actividades no marco da celebración das Letras Galegas. Infancia, mocidade e persoas adultas son o público obxectivo das actividades.
O programa comeza o 12 de maio co espectáculo Brincadeiras da Lingua de Migallas Teatro, para o alumnado do CEIP do Pindo.
O alumnado do IES Lamas de Castelo recibirán o dúía 19 a visita do dúo artístico Aldaolado, formado pola herculina Lucía Aldao e a ceense María Lado, nunha sesión chea de poesía.
O día grande será o 20 de maio, desta volta con Xarope Tulú levando o “Rilla rilla na Lingua” ao CEIP de Carnota, e cun acto para todo os públicos, que se celebrará ás 21 horas, no salón de actos do Concello de Carnota: Talía Teatro leva “A parábola do angazo”.
Máis actividades arredor das Letras Galegas
- Camariñas: Unha xincana para as Letras Galegas camariñás.
- Mazaricos: Poesía, teatro e natureza para as Letras Galegas de Mazaricos.
- Laracha: As asociacións, protagonistas nas Letras Galegas da Laracha
- Zas: Zas propón un completo maio de Letras.
- Malpica: Un mar de Letras e Tapas para Malpica.
- Fisterra: A monologuista fisterrá Mariña Lestón estréase sobre o escenario na casa co gallo das Letras Galegas.
- Embaixada.gal convoca unha nova actividade para o Día das Letras Galegas.