Nova limpeza voluntaria da praia de Carnota

08:53 24/08/12

A Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (Asoar - Armega) e o voluntario do Prestige, Sven Shwebsch organizan para o vindeiro sábado 25 de agosto unha nova limpeza nun areal de Carnota. Desta volta a actividade realizarase pola tarde, nunha das zonas de auga máis azul e cálida da Costa da Morte.
- Que?: Limpeza en praia.
- Quen?: Asoar - Armega, voluntarios do Prestige e tódalas persoas, de calquera idade que queiran participar dunha xornada medioambiental en boa compaña.
- Cando?: O vindeiro sábado 25 de agosto as 16:30 (en primeira convocatoria) pero se chove a actividade realizarase este domingo.
- Onde?: na praia de Arbeleiro, na zona sur de Lira (Carnota) o punto de encontro será na antiga fábrica de Arbeleiro, unha nave que se ve dende a estrada principal.
- Como?: Procederase a limpeza da praia en grupos que se formarán en función das idades e do tipo de lixo que se recolla. Despois da recollida e sucesiva selección do material atopado, deixarase en bolsas e solicitarase ao concello que o pase a recoller.
- Por que?: Porque tanto Asoar- Armega, voluntarios do Prestige, "Galicia en Color - Rede de reencontros 10 anos despois" e demais personas consideran necesario concienciar sobre a preservación e coidado dos espazos naturais. Porque se entende que con grupos formados por integrantes de diferentes idades se fomenta o intercambio de experiencias, aprendizaxe e valores medioambientais. Preténdese transmitir a mensaxe de que con coidado, todos poden desfrutar das praias e os areais. "Non se trata de limpar, senón de evitar facelo no futuro".
Novas relacionadas
- Limpando os grans de area.
- A Costa da Morte implícase coas Xornadas Medioambientais e fai unha nova limpeza no Rostro.
- Os Voluntarios seguen a limpar as praia da Costa da Morte.
- “Hoxe, limpamos outro Prestige”.
- Entrevista con Nacho Castro: “Sen os voluntarios…, morremos”.
- Unha documental de Isabel Coixet con acento da Costa pola Marea Blanca.
Máis novas
Os voluntarios que cambiaron a Costa
- Os voluntarios que cambiaron a Costa: Sole Méndez.
- Os voluntarios que cambiaron a Costa: Isaac.
- Pepita, a primeira voluntaria do Prestige.