luns. 17.03.2025
El tiempo

A Biblioteca de Cee volve convocar os seus eternos concursos de Achegamento ao Libro e do Marcapáxinas

MarcaPaxinas Biblioteca Cee 22
Imaxe dos marcapáxinas gañadores do 2022
A Biblioteca de Cee volve convocar os seus eternos concursos de Achegamento ao Libro e do Marcapáxinas

Non hai certames escolares máis míticos na comarca que os que lanza a Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” do Concello de Cee. Así refrendan as cifras: son máis de 8330 os traballos presentados polo alumnado de toda a comarca nas 34 edicións do concurso de “Achegamento ao Libro” e nas 21 do certame “En busca do noso marcapáxinas”.

Un certame formulado para o alumnado de Primaria dos centros de toda a volta, cuio prazo de presentación xa está aberto e rematará o día 11 de abril (incluído).

Como inscribirse

Para os mestres que se impliquen neste desafío: os traballos presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Cee (de 9.30-13.30 hora)ou por correo ordinario, de forma individual ou por aula. Será nun sobre pechado, figurando no seu exterior a mención "XXXIV Concurso Achegamento ó Libro" ou "XXI Concurso na Procura do Noso Marcapáxinas" co título da obra, pseudónimo e curso do participante. No seu interior achegarase un sobre pequeno (tamén pechado) onde figuren os datos do autor (nome e apelidos, idade, título da obra, colexio, curso, enderezo e teléfono de contacto) e o Anexo I cuberto.

Histórico do Certame

Comentarios