A rapazada de Cee triunfou nos tranversais premios do X Concurso de Murais de Azulexo de Lar

Emotiva a Gala de Entrega de Premios do X Concurso de Murais de Azulexo de Suministros Lar. A empresa ceense, no marco da súa Responsabilidade Social Corporativa, leva 18 anos artellando este certame bianual, enfocado a fomentar a creatividade e o traballo en equipo en centros de ensino e centros de educación especial de toda a provincia.
Esta edición, dedicada aos Oficios das Mulleres que quedaron ao mando da vida nos tempos da emigración. E foron ducias de alumnos e alumnas de 9 centros de ensino e Asociacións (Colexio Nuestra Señora del Carmen de Fisterra, os CPR Manuela Rial, IES Fernando Blanco e APEM de Cee; o IES Praia da Barraña de Boiro; o IES Terra de Soneira de Vimianzo; o IES Eduardo Pondal de Ponteceso; e os coruñeses IES Zalaeta e as Esclavas) os que puideron afondar na historia da nosa provincia, investigar de xeito interxeracional, aprender a traballar en equipo, azuzar á creatividade e practicar os traballos manuais finos.


O xurado, formado por Antón Castro, Covadonga Carrasco Arquitecta, Laura Suárez e Nacho Porto, destacou o excelente traballo de todos os centros tanto na execución do proxecto como no seu traballo de investigación e desenvolvemento, algo que se recolle na memoria de fin de proxecto. Cada ano máis traballado e coidado, ademais.
O aparcamento de Lar convertiuse no mellor dos auditorios, onde se puideron ver as obras realizadas (eses murais con forma de muller), creadas polo alumnado.

E os gañadores desta edición foron:
- IES Fernando Blanco de Cee levou o 1º premio, pola súa “Conserveira”. O premio foi entregado por Andreas Fleischhauer CEO multinacional Mapei España.
- CPR Manuela Rial Mouzo de Cee levou o 2º premio recollendo o oficido de “Peixeira”. O premio foi entregado por Antón Castro, Comisario de Arte, cuios últimos traballos atópanse na Exposición Picasso en España e actualmente organizador da exposición Picasso en Pequín.
- Colexio Escravos do Sagrado Corazón de Xesús da Coruña levou o 3º premio pola “Tecelá”, entregado por Covadonga CARrasco, estudio arquitecto Creus e Carrasco.
- Asociación Apem de Cee levou un Accesit lembrando ás “Palilleiras”, entregado polo ceramista carnotán Nacho Porto.

Novas relacionadas
HISTÓRICO DO CONCURSO DE MURAIS
- Setembro 23: “O Concurso de Murais de azulexos é coma un iceberg, é máis o que non se ve que o que se ve”.
- Xuño 23: Os faros da Costa da Morte iluminan a Mariña Lucense.
- Abril 23: Os murais sobre os naufraxios de Lar xa están expostos en Camelle, o mellor dos escenarios.
- Xaneiro 23: Os murais de Azulexo de Lar exportan a riqueza marítima da Costa da Morte á Coruña.
- Outubro 22: Murais en verso convirten o Faro Fisterra nun museo a ceo aberto.
- Agosto 22: Os Murais de Lar espallan o patrimonio subacuático da Costa da Morte por Sanxenxo.
- Concurso 2022: Un recoñecemento aos padriños do Concurso de Murais de Lar.
- Xuño 22: APEM leva o primeiro premio do Certame de Murais de Azulexo de Lar.
- Maio 22: Os centros de ensino mergúllanse no patrimonio subacuático gracias ao transversal Concurso de Murais de Azulexo.
- 2019: Por 1 millón de likes para a Costa da Morte
- 2019: Os murais de Azulexo da Costa da Morte renovan o museo urbano de Sanxenxo.
- 2018: Paz Lago: "Os murais de azulexo dos faros da Costa da Morte son perfectos para que os turistas inmortalicen Sanxenxo”.
- Agosto 18: Os faros de azulexo que ensinan a Costa da Morte a milleiros de turistas en Sanxenxo.
- 2016: Un mar de deportes acuáticos en clave de azulexo.
- 2014: Os Murais de Azulexo comezan a tomar forma nos centros de ensino.