Menudo Nadal costeiro

Xa estamos en pleno Nadal. E así o comprobamos con todas as fotos que nos chegaron destes primeiros días. Imos de Cee a Vimianzo viaxando dos peques aos maiores.
Os reis no Eugenio

E comezamos por exemplo cos reis magos de visita polo Eugenio López gracias ás negociacións duras do Anpa Uxío en Belén. Foi un día cargado de sorpresas, chocolatada con pastel, obradoiros, películas e como non, a incertidumbre das notas.
Festival de Nadal na Pereiriña

A Asociacion de veciños de Pereiriña, Cee, celebrou un festival de nadal con todos os veciños e amigos no local cultural de Pereiriña, onde houbo actuacions do grupo folk local Peta Forte emais do grupo de baile galego de Pereiriña, o grupo de pandereteiras de Pereiriña, o grupo de baile de Terra de Sena, Ademais, entre actuación e actuación servironse castañas, chorizos criollos, chocolate con churros, viño do país, refrescos e como colofon do festival o sorteo dunha gran cesta de nadal.
Nadal en APEM

O pasado venres, 20 de decembro ás 16,30 h. celebrouse no centro que a Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM) ten na localidade de Cee, unha festa de portas abertas para celebrar o nadal. A festa consistiu en recrear a chegada do 2014, con Porta do Sol incluída, onde escoitaron as campanadas e brindamos polo novo ano. Previamente disfrutaron das actuacións en directo do grupo musical “OS MALLAOS” con Luís, Roberto e Alberto, e as Pandereteiras da Solaina do Pindo. Todo isto amenizado, cos típicos anuncios navideños representados polos nosos usuarios e traballadores, que fixeron desta tarde un momento especial para todos os asistentes.
Durante a festa faise unha mención a Jose Luis Muruzábal Arlegui, presidente da entidade ata que faleceu o pasado xullo, lembrando a súa labor e a súa loita pola defensa das persoas con enfermidade mental.
Nadal Solidario con Pedras Miúdas

A partir do día 22 e ata o vindeiro día 29 de decembro a ARCE Pedras Miúdas vai levar a cabo unha recollida de xoguetes para doarllos aos nenos mais necesitados a través dunha ONG. Deste xeito intentamos que ningún rapaz quede sen o seu regalo de Reis durante este Nadal.
O obxectivo desta recollida solidaria non é mercar xoguetes novos para logo doalos, senón doar aqueles que estando en bo estado temos esquecidos pola casa e cos que os nosos nenos xa non queren xogar máis. Podes entregárnolos na escola de Lires durante os horarios de apertura da exposición ou ben durante os horarios das diferentes actividades que realizaremos este Nadal.
Ademais, o Martes 23 ás 17.00h haberá Taller de papiroflexia; e o Sábado 28 ás 18.30h, unha Tarde de literatura con Rocío Leira. Como desenvolver a imaxinación e aprender a divertirse dende pequenos coa maxia dos libros.
Ademais recordamos que todos os venres, sábados e domingos ata o día 5 de xaneiro poderase visitar a exposición “Lires na Memoria”.

Papá Noel cos Vimianciños

Desde o Concello de Vimianzo enviáronnos esta foto da visita desta mañá de Papá Noel á Escola infantil municipal Os Vimianziños, visita que repetiu na quenda de tarde, aproveitando para visitar os usuarios do centro de día.
Circo en Zas
Aí estivo, o bo de Circanelo cos cativos de Zas.

Programas municipais de Nadal
Outros programas de Nadal
- O deporte protagoniza o Nadal da Faba en Baio.
- Fisterra e Corcubión únense por solidariedade.
- Un Nadal de música, poesía e teatro en Cee.
- Polo Nadal, en Laxe xogamos todos.
- 50 cousas que facer este Nadal en Carballo.
- Vimianzo prepara un Nadal.
- Ponteceso continúa co seu Nadal Máxico.
- Zas prepara un Nadal de tradicións.
- Dumbría soña polo Nadal.
- Muxia xa ten o seu programa de Nadal.
- Menudo Nadal máxico en Ponteceso.
- Os Empresarios de Ponteceso preparan un Nadal Tecnolóxico.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).