mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Museo Fernando Blanco xa acolle a mostra de Pedro Cousillas e Fernando Lado

O Museo Fernando Blanco xa acolle a mostra de Pedro Cousillas e Fernando Lado
Inauguracion-da-mostra-de-debuxo-e-pintura-no-Museo-Fernando-Blanco

O Museo da Fundación Fernando Blanco de Lema, vén de inaugurar a exposición de debuxo e pintura dos artistas Fernando Lado e Pedro Cousillas. No acto inaugural, ademáis dos artistas, participaron a Presidenta da entidade ceense, Zaira Rodríguez, e mailo Secretario Darío Areas, o cal centrou o seu discurso na importancia que o debuxo e a pintura sempre tiveron no programa educativo do antigo instituto ceense.

Trece son os debuxos de Fernando Lado que se poden ver na mostra. Fernando, gran amante da ciencia-ficción e do surrealismo, adápatase a calquera tipo de temática.

Dezaseis son os óleos de Pedro Cousillas, pintor cuio estilo acércase ó realismo, aínda que tamén toca o cubismo analítico e sintético, cun tema sempre recurrente na súa obra: o noso mar e as nosas costas.

A exposición poderá verse ata o sábado 31 de agosto no horario habitual do Museo Fernando Blanco de Cee.

Novas relacionadas

Relatos da Fundación

Máis información

Fonte

  • Fundación Fernando Blanco.

Comentarios