Venres. 29.03.2024
El tiempo

O xuízo da Operación Orquesta trasládase ao 2 de maio a pesar de ser unha “absolución cantada”

Audiencia Provincial da Coruna
Audiencia Provincial da Coruña
O xuízo da Operación Orquesta trasládase ao 2 de maio a pesar de ser unha “absolución cantada”

Reanudábanse hoxe, martes 26 de marzo, as vistas do xuízo da Operación Orquesta despois de que a Audiencia provincial declarase como probas nulas as escoitas telefónicas. E a pesar de que a propia Fiscal recoñecía na primeira vista que “sen escoitas non había caso”, esta mañá non retiraba as acusacións, como esperaban os avogados defensores e case ata o mesmo Tribunal, e segue adiante co procedecemento.

Na sesión de hoxe, 4 dos acusados acolléronse ao seu dereito de non declarar, e só o fixeron Candiño e Ogando fillo, respondendo só ás preguntas das súas respectivas defensas.

Non sei fixo en todo caso distinción entre o caso de Candiño, baseado máis nas confidencias xudiciais que nas probas escoitas, e o resto dos casos.

A vindeira data (fixada basicamente pola axenda dos presentes) será o 2 de maio, cando se leven a cabo as declaracións testificais polas dúas bandas. Parece que a Fiscalía quere levar máis de 20 testemuñas a testificar.

“É unha absolución cantada, porque as probas demostran que todo está montado nun castelo de naipes”, sinala un dos avogados defensores, Pedro Pombo.

As ESCOITAS da Operación Orquesta

Repaso completo á Operación Orquesta

Comentarios