Luns. 07.10.2024
El tiempo

O Concello de Corcubión presenta alegacións contra a estación de bombeo da Ruña

Vistas dende a Runa nunha foto de Juan Louro
Vistas dun solpor dende a Ruña nunha foto de Juan Louro
O Concello de Corcubión presenta alegacións contra a estación de bombeo da Ruña

Tralas alegacións presentadas por ADEGA no marco do proceso de exposición pública do proxecto das centrais de bombeo da Ruña, hoxe coñecemos que o Concello de Corcubión é o primeiro concello que tamén presenta alegacións ante Augas de Galiza.

O Concello corcubionés considera que os proxectos de construción de centrais de bombeo de A Ruña por parte das empresas Feroe Ventures & Investments, SLU e Portodemouros Solar, provocarán un “impacto negativo sobre o medio ambiente” e cren que se incorrería no “incumprimento da lexislación vixente”, tendo en conta ademais que se trata dunha concesión por 75 anos.

Fan referencia á “desconfianza sobre o impacto que causaría na auga que consumen varios concellos, entre eles o de Corcubión, e cre que xera incertidume entre a veciñanza”.

Entre as alegacións, o Concello subliña que os proxectos incumpren o Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC) ao non cumprir coas súas directrices, xa que as actuacións non deberían realizarse en espazos protexidos como a Rede Natura 2000, e tampouco se axustan á protección dos ecosistemas acuáticos e aqueles dependentes da auga. Tamén alega que as masas de auga no Encoro de Santa Uxía non cumpre cos obxectivos medioambientais establecidos, xa que presenta parámetros de fósforo e transparencia que non alcanzan o estado desexado.

Asi mesmo presentaron alegacións diversas asociacións da comarca, como Boca de Sapo e Vendaval.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios