Corcubión volveu unirse, cun compromiso, polo Centro de Día
Volveu unirseo o pobo de Corcubión, que protagonizou unha concentración, coincidindo co Día Internacional das Persoas Maiores, para reinvidicar a apertura dun Centro de Día na vila. Os grupos políticos de BNG, PSOE e Sempre Corcubión (non asistíu o PP), uníronse á Plataforma Xuntos polo Centro de Día para esixir á Xunta que poña en funcionamento un edificio que lexa adecuado para acoller esta necesaria infraestrutura sanitaria máis de 10 anos.
Todos coinciden na aposta por un Centro de Día de xestión pública, pero dada a eterna negativa da Xunta, parece que a se abre a porta a outras solucións. Así o demandaban dende a Plataforma, que segue apostando pola xestión pública pero que pide que ese feito non sexa o único impedimento para que sexa unha realidade. E así o prometeu o alcalde, Francisco Xabier Domínguez “Drok”, que sinalou que o Centro de Día estará aberto antes de que remate esta lexislatura, con ou sen a Xunta.
A Plataforma dou lectura ao manifesto que foi aprobado nos plenos dos Concellos de Corcubión, Dumbría e Carnota pero que quedaron sen presentar nos de Cee, Fisterra, Muros e Muxía por falta de compromiso dos representants políticos.
Un manifesto que reza o seguinte:
As nosas razón.
- 1. Dereito a un envellecemento digno: As persoas maiores representan unha parte fundamental das nosas comunidades. É responsabilidade das administracións públicas garantirlles recursos axeitados para unha vida digna, activa e integrada na sociedade.
- 2. Necidades crecente: O progresivo envellecemento da poboación nos concellos da Costa da Morte fai imprescindible a creación de infraestruturas específicas para atender ás persoas maiores e ás súas familias, ofrecendo apoio, atención profesional e un espazo de socialización.
- 3. Alivio para as familias: O coidado de persoas maiores recae con frecuencia nas familias, que precisan ferramentas e servizos que lles permitan compatibilizar os coidados coa súa vida laboral e persoal. Un centro de día é unha resposta esencial a esta necesidade.
- 4. Dinamización local: A posta en marcha dun centro de día non só cubriría unha necesidade social, senón que tamén suporía a creación de postos de traballo e o fortalecemento dos servizos sociais da comarca.
O noso compromiso:
Facemos un chamamento á Xunta de Galicia para que se dean os pasos necesarios que permitan a inmediata apertura do Centro de Día en Corcubión. Este recurso é vital para mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza maior e para reforzar o tecido social e económico dos nosos municipios.
Os alcaldes e alcaldesas que subscribimos este manifesto comprometémonos a traballar de forma coordinada e incansable para conseguir este obxectivo, convencidos de que é un proxecto xusto, necesario e urxente.
Histórico do Centro de Día
- Corcubión volve unirse polo Centro de Día.
- Setembro 2025: O BNG leva o Centro de Día de Corcubión á Valedora do Pobo
- Agosto 2025: O centro de día de Corcubión chega ao Parlamento Europeo
- Xuño 25: Belén do Campo reiteroulle ao voceiro do PP de Corcubión que a Xunta non asumirá a xestión do Centro de Día.
- Maio 25: A Xunta rexeita a xestión directa do Centro de Día e insta ao Concello de Corcubión a asumila
- Maio 25: Corcubión volve unirse para esixirlle á Xunta un Centro de Día de xestión pública.
- Abril 25: Corcubión aproveita a visita da Delegada da Xunta para lembrarlle a esixencia do Centro de Día.
- Abril: Corcubión inicia unha campaña de recollida de firmas para reclamar á Xunta que abra o Centro de Día.
- Marzo 25: O Concello de Corcubión asegura que xa ten realizado os trámites que pide o Consorcio para o Centro de Día
- Marzo 25: O Centro de Día de Corcubión poderá ser unha realidade se a xestiona unha entidade social
- Febreiro 25: A Plataforma Xuntos polo Centro de Día de Corcubión comeza unha campaña para conseguir apoios institucionais.
- Novembro 2024: "Negar os centros de día é unha forma de violencia e de maltrato ás persoas dependentes”.
- Xullo 24: O Concello de Corcubión volve a denunciar a negativa da Xunta a abrir o Centro de Día.
- Outubro 23: O PP rescata a petición de Sempre Corcubión e pide convertir o edificio do Hotel El Hórreo nunha residencia de maiores.
- Novembro 21: Sempre Corcubión volve pedir a creación dunha residencia de maiores pública e comarcal.
- Abril 2021: Propoñen adquirir o Hotel El Hórreo e convertilo nunha Residencia comarcal para maiores
- Decembro 2020: O eterno retraso do Centro de Día de Corcubión volve ao Parlamento.
- Febreiro 2020: “Na Road Trip Protesta a Rianxo aprendimos que un Centro de Día é posible, e significa dignificar aos maiores”.
- Outubro 19: Boca de Sapo presenta 1.000 sinaturas para esixir a apertura do Centro de Día de Corcubión.
- Xullo 19: Un berro silencioso, e medieval, pola apertura do Centro de Día de Corcubión.
- Maio 2019: Corcubión enteiro sae á rúa polo Centro de Día.
- Maio 19: A cidadanía de Corcubión mobilízase polo Centro de DíaA cidadanía de Corcubión mobilízase polo Centro de Día.
- Camariñas, Corcubión e Ponteceso valoran o si da Xunta ao Centro de Día de Malpica.
- Outubro 2018: A Xunta volve negarse a poñer en marcha o Centro de Día de Corcubión.
- Outubro 2018: “Os técnicos de Servizos Sociais da comarca de Fisterra trasladaron á Deputación a necesidade de abrir o Centro de Día de Corcubión”
- Setembro 2017: O BNG critica a postura da Xunta co centro de día de Corcubión.
- Setembro 2017: A Xunta rexeita a abrir o Centro de Día de Corcubión
- Novembro 2015: O BNG de Corcubión pregunta polo esquecido Centro de Día.
- Maio 2014: O Centro de Día de Corcubión ve a luz.
- Xaneiro 2013: O BNG de Corcubión denuncia un novo retraso nas obras do Centro de Día
- 09-03-11: O BNG de Corcubión pide á Deputación financiamento para rematar o Centro de Día.