Gracias, Apalpador
”E @s nen@s dixéronlle un ano máis adeus coa man ao Apalpador…”
Esa foi a conclusión do Apalpador que visitou a Escola Infantil de Corcubión esta semana. Adiantouse ao Nadal pero os cativos disfrutaron como nunca con esta figura recuperada para a mitoloxía galega contemporánea.
O Apalpador é ese carboeiro que baixa polas chimeneas, e deixa castañas aos peques que teñen a barriguiña algo baleira. Unha historia semellante á do Olentzero vasco, moito máis arraigado xa nos tempos de hoxe na sociedade euscalduna. En Galicia, iniciativas case que persoais como esta corcubionesa, ou dalgunha entidade cultural, son as que manteñen vivo ese “Papa Noel galego”.
Chapas do ApalpadorNon foi a única visita este curso do Apalpador, presente da man das entidades máis comprometidas co terra. Tamén estivo, da man da Anpa Alén, deixando uns agasallos ao alumnado do CEIP Praia de Quenxe, como o ano pasado, deixándollles unhas larpeiradas e unha chapa co debuxo do Apalpador.
De visita por Bergantiños
Visita do Apalpador polos centros de Ensino de Bergantiños con Senda NovaEste pasado xoves de Nadal estivo na Feira de Inverno de Fisterra, despois de facer unha viaxe completa, da man de Senda Nova, polos centro de ensino de Bergantiños, vendo ata 65 aulas de infantil e primaria. O 80% dos rapaces de Carballo e Coristanco o viron, nunha acción que vale ouro para espallar a súa lenda, gracias á labor de mestres, directores e a xente da entidade ambiental.
Menudo recibimento tivo ademais por parte dos cativos, que disfrutaron de activdades que fomentan a creatividade, dende a fabricación propia de xoguetes tradicionais e a posta en valor do xogo e xoguete artesanal feito a man, máis aínda, nunha época de claro exponente consumista.
Vai quedar en Pico de Meda, nas montañas de Soneira e, antes de voltar de novo ao Courel, baixará a recibir a todas as nenas e nenos que se acheguen ao Local Social do Santiaguïño de Carreira (Zas) o domíngo día 3 de xaneiro .
O Apalpador
Novas relacionadas
- Por un nadal máis verde.
- Os maiores de Geriatros, os Apalpadores de Vimianzo.
- 2014: O conto do Apalpador.
- 2014: O Apalpador estivo en Corcubión.
- 2014: Unha entrevista co mesmo Apalpador.
- 2013: Un novo Nadal co Apalpador, o noso Rei Mago.
- 2012: Un Nadal máis co Apalpador.
- 2011: Unha noite co Apalpador.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).