1ª Galicia: O Baio descende e provoca un arrastre da Liga da Costa

Queda unha xornada para o remate da 1ª Galicia pero xa temos todo o peixe vendido. O Baio caía na casa ante o Tordoia confirmando o seu descenso matemático á Liga da Costa. Un descenso que provoca ademais o arrastre do Volantes, que conseguira o empate en Vimianzo, pero ao que non lle vale de nada quedar por enriba dos vimianceses.
Mágoa de temporada a do CD Baio. Foron moi irregulares os de Félix, capaces de poñer en apretos aos mellores da competición pero tamén de caer cos máis febles. En todo caso, hai que poñer en valor o esforzo da tempada dos novos xogadores do club branquiazul, moitas veces con 10 xogadores nados na vila sobre o céspede, moitos xuvenís nas convocatorias, e cunha media de idade moi por debaixo do habitual.
Mentres, o resto de equipos están desexando que remate a competición. O Fisterra recibía 9 ante o Praíña; a Esteirana caía 1-2 ante un equipo descendido como o Estrada; o Dumbría , o único aínda vivo nas semis de Copa, perdía 2-1 ante outro de abaixo, o Valiño; e o San Lorenzo recibía 5 dun Agolada que agora o adianta na táboa, deixando aos de Lapido na 15ª praza, a fío do descenso
Baio - Tordoia (1-4)
- Baio: Javi Souto, Bruno, Pablo Rod., Sergio, Chechi, Dani, Pazos, Porty, MC; Josiño, Diego Santancier. Tamén: Iván Fraga, Pablo Gabín, Jairo, Hugo e Guille Botas.
- Goles: 0-1, m.2: Alberto Fraga; 0-2, m.15: Denis; 0-3, m.20: Alberto Fraga; 1-3, m.47: Porty; 1-4, m.60: Alberto Fraga.

Nos primeiros 20 minutos, inexplicablemente xogándose a vida, o Baio xa recibira 3 goles, perdendo así toda opción de manterse vivo na última xornada. Intentárono á volta do descanso os de Félix Raposo e recurtaron cun tempraneiro gol de Porty, pero despois de varias intentonas, o cuarto dos visitantes, o triplete de Alberto Fraga, deixaba o partido listo.
CRÓNICAS DA 1ª GALICIA
- X.32: O Baio volve complicarse á salvación.
- X.31: O Baio saca a cabeza.
- X.30: Catro finais para o Baio.
- X.29: O Fisterra complica a salvación do Baio mentres a Esteirana dá un paso case definitivo.
- X.28: Dúas vitorias de gran mérito e un derbi para Dumbría que mete ao Baio en descenso.
- X.27: O San Lorenzo recobra o alento.
- X.26: O Baio, o único que suma da Costa.
- X.25: Xornada aciaga para os costeiros. Só o San Lorenzo suma.
- X.24: Baio, San Lorenzo e Esteirana perden sendas ocasións para pegar un salto de tranquilidade.
- X.23: O Baio golea e o Fisterra pesca 3 puntos en Verdillo.
- X.22: O Dumbría fica cos de arriba.
- X.21: O Dumbría asaltou Ara Solis.
- X.20: O Baio fai saltar as quinielas e a Esteirana supera ao San Lorenzo.
- X.19: A pegada do Fisterra supera á Esteirana.
- X.18: O San Lorenzo rompe a súa mala serie.
- X.17: Remontada épica do Fisterra para abrir o curso.
- X.16: Acabando o 2023 na metade da táboa.
- X.15: O Fisterra confirma a súa melloría.
- X.14: 4 vitorias costeiras baixo a chuvia.
- X.13: O Baio frea ao San Lorenzo.
- X.12: O San Lorenzo supera a dimisión de Dani Casal.
- X.11: Os poderosos baten cos equipos costeiros.
- X.10: Só un punto en 4 partidos.
- X.9: Así foi a case completa xornada de Defuntos no Fútbol costeiro.
- X.8: Dúas vitorias, un empate e dúas duras derrotas.
- X.7: O Baio deixa escapar puntos importantes mentres os tres da zona alta suman de 3 en 3.
- X.6: O San Lorenzo tamén pode co Fisterra.
- X.5: Este San Lorenzo vai en serio.
- X.4: O Dumbría pega primeiro.
- X.3: O San Lorenzo mantense no alto cun Puebla que presentou a súa candidatura en Ara Solis.
- X.2: Fisterra e San Lorenzo suman e seguen.
- X.1: Arrincou a nova tempada con 3 vitorias e 2 derrotas.