Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O ISM en Corcubión recupera o servizo de recoñecemendo médico pero sen persoal de enfermería

ISM Corcubion
O ISM en Corcubión recupera o servizo de recoñecemendo médico pero sen persoal de enfermería
Van máis 2 anos dende que o goberno central comezou a recortar os servizos do Instituto Social da Mariña de Corcubión. A perda da praza de médico, que impedía realizar as necesarias revisións sanitarias a máis de 1.400 mariñeir@s da comarca, provocaba unha marea de mobilizacións.

Unhas mobilizacións protagonizadas pola propia xente do mar, e azuzadas pola CIG, que conseguiron que se cubra a praza mantendo así o servizo de recoñecemento médico. Pero “este préstase en condicións de precariedade”, segundo denuncia hoxe a CIG, por mor da falta de persoal de enfermaría.

Para o sindicato, a falta de cubrir a praza de enfermaría é un novo exemplo do “deterioro, a centralización e do desmantelamento” no ISM, e denuncia que o Ministerio de Seguridade Social “pretende externalizar este servizo cunha mutua mentres non consiga un enfermeiro ou enfermeira”.

"Resulta sorprendente que a administración non dea atopado profesionais para cubrir o servizo, cando as mutuas da comarca si conseguen contratar persoal de enfermería", sinala o secretario da FGAMT-CIG da Coruña, Manuel Camiño.

Formación

Ademais, lembran que nos últimos dous anos, o ISM trasladou o servizo administrativo de Corcubión, deixou de realizar os cursos de formación sanitaria de maneira presencial. Obriga así a ese 1,4 milleiro de traballadores do mar de Cee, Corcubión, Fisterra, Muxía, Camariñas, Laxe, Ponteceso, Carnota e Malpica a desprazarse á Casa do Mar.

NOVAS SOBRE O ISM

Comentarios