Lar presenta este xoves o novo Concurso de Murais de Azulexo cunha charla sobre os oficios da muller na época da emigración

Este 2024, o concurso bianual de Murais de Azulexo de Suministros Lar ten como fío condutor ”O traballo da muller na época da emigración”. E para poñelo en marcha oficialmente, malia que dende o departamento de Responsabilidade Social Corporativa xa levan meses preparándoo todo, a presentación será o xoves 11 de xaneiro ás 10:30 da mañá na Casa da Cultura de Corcubión, localidade de orixe da empresa..
Será unha charla na que intervirá unha histórica artesá da nosa comarca, Carmen Riveiro, presidenta da Asociación do Liño, artesá. Tamén porán historias Alexandre Nerium e Modesto Fraga, ambos poetas e grandes expertos na época e nos oficios que se desenvolvían nos tempos da emigración, hai arredor dun século, así como o importante papel que desempeñaban as mulleres. Tamén estará Lucita Figueiroa, mítica palilleira costeira.
”Queremos remontarnos a unha época na que mulleres invisibles e con poucos dereitos apoiaban a sociedade galega tanto a nivel económico como social”, explica Tatiana Rodríguez. “Os homes emigraron na procura dun futuro mellor, e as mulleres quedaban a cargo das familias, dos nenos e dos maiores mentres desenvolvían o seu traballo. Costureiras, peóns, palilleiras... Algunhas xa desapareceron pero outras xorden da man dos artesáns. Por iso, queremos achegar este momento da vida aos nenos desta era dixital, para que saiban como era vivir nese tempo”, debulla invitando a todo o mundo a achegarse á presentación, pois será aberta ao público (aínda que os protagonistas serán o alumando de varios centros que participan no certame) e ten gran interese cultural e histórico.
HISTÓRICO DO CONCURSO DE MURAIS
- 2024: O Concurso de Murais de Lar afondará sobre os oficios da mulleres nos tempos da emigración.
- Setembro 23: “O Concurso de Murais de azulexos é coma un iceberg, é máis o que non se ve que o que se ve”.
- Xuño 23: Os faros da Costa da Morte iluminan a Mariña Lucense.
- Abril 23: Os murais sobre os naufraxios de Lar xa están expostos en Camelle, o mellor dos escenarios.
- Xaneiro 23: Os murais de Azulexo de Lar exportan a riqueza marítima da Costa da Morte á Coruña.
- Outubro 22: Murais en verso convirten o Faro Fisterra nun museo a ceo aberto.
- Agosto 22: Os Murais de Lar espallan o patrimonio subacuático da Costa da Morte por Sanxenxo.
- Concurso 2022: Un recoñecemento aos padriños do Concurso de Murais de Lar.
- Xuño 22: APEM leva o primeiro premio do Certame de Murais de Azulexo de Lar.
- Maio 22: Os centros de ensino mergúllanse no patrimonio subacuático gracias ao transversal Concurso de Murais de Azulexo.
- 2019: Por 1 millón de likes para a Costa da Morte
- 2019: Os murais de Azulexo da Costa da Morte renovan o museo urbano de Sanxenxo.
- 2018: Paz Lago: "Os murais de azulexo dos faros da Costa da Morte son perfectos para que os turistas inmortalicen Sanxenxo”.
- Agosto 18: Os faros de azulexo que ensinan a Costa da Morte a milleiros de turistas en Sanxenxo.
- 2016: Un mar de deportes acuáticos en clave de azulexo.
- 2014: Os Murais de Azulexo comezan a tomar forma nos centros de ensino.