A Plataforma Porto Si Mortos Non de Corcubión volve solictar unha reunión co presidente de Portos
Dende que a Xunta asumiu todas as competencias litorais aló por xuño, Plataforma Porto Si Mortos Non de Corcubión, levan intentando manter unha reunión con Portos de Galicia para saber como se atopa o proxecto do Porto Mixto. Un proxecto que segue esperando a resolución do Estudo de Impacto Ambiental do “Proxecto do Porto Mixto de Pesca de Baixura e Náutica de Recreo de Corcubión,que levan meses de análise.
Ante esta situación de parálise e tendo en conta as promesas realizadas na última década, a Plataforma volveu solicitar unha reunión co presidente de Portos de Galicia. "Desde o mes de xuño vimos solicitando esta reunión por diferentes vías —envío de correos electrónicos, chamadas telefónicas e rexistro a través da sede electrónica— sen ter recibido ata o de agora ningunha resposta", afirman.
A Plataforma, creada hai 3 anos, quere coñecer se hai avances na avaliación ambiental. "Consideramos fundamental e transparente dispoñer desta información para poder trasladala tanto aos propietarios das embarcacións como aos veciños e veciñas de Corcubión y comarca, directamente interesados na evolución deste proxecto".
Histórico do proxecto
- Setembro 2025: Poucas novidades sobre o estudo de impacto ambiental do Porto Mixto de Corcubión
- Xuño 2025: A Plataforma veciñal unha reunión co presidente de Portos para analizar como está o proxecto do porto mixto de Corcubión.
- Outubro 2024: O PP recoñece no Parlamento que “non vai ser posible que o vindeiro ano estean en execución as obras" do porto mixto de Corcubión.
- Maio 24: O Informe Ambiental xera dúbidas sobre un posible retraso no Porto Mixto de Corcubión.
- Novembro 2023: O mar de Corcubión, pendente dos posibles retrasos do porto mixto.
- Novembro 23: O enésimo barco ás pedras de Santa Isabel.
- Marzo 23: Escollida a alternativa máis viable para o porto mixto de Corcubión.
- Febreiro 23: Portos pon un horizonte de 4 anos para que o porto mixto de Corcubión poida ser unha realidade
- Xaneiro 23: Volven pedir a recuperación do práctico e o porto mixto de Corcubión.
- Decembro 22: A Xunta sobre o Porto Mixto de Corcubión: “Vai para largo”.
- Decembro 22: A Plataforma apartidista “Portos Si, Mortos Non” acentúa a súa loita polo porto mixto de Corcubión.
- Outubro 22: Crean a Plataforma "Porto si, Mortos non" para esixir o porto mixto de Corcubión.
- Decembro 20: A Conselleira do Mar esquécese das promesas feitas en xullo sobre o porto mixto de Corcubión.
- Xullo 2020: A Xunta expón un estudo con distintas alternativas para mellorar o abrigo no peirao de Corcubión.
- Setembro 2019: Corcubión espera a aprobación do porto mixto.
- 2017: O PSdG pide melloras no peirao e retomar o proxecto do Porto Deportivo de Corcubión.
- 2018: “O sector náutico aínda ten moito que crecer na Costa da Morte”.
- 2011: O PP de Corcubión promete o Porto Deportivo se asume o goberno.
Sucesos no peirao
- Novembro 23: O enésimo barco ás pedras de Santa Isabel.
- Novembro 2022: Outro barco de Corcubión acaba nas pedras.
- Outubro 2019: Outra embarcación ás pedras de Santa Isabel.
- Xuño 2019: A #BorrascaMiguel mandou unha lancha ás pedras de Santa Isabel.
- Maio 2019: Outro barco ás rochas de Santa Isabel.
- 2016: Afunde unha embarcación no porto de Corcubión.
- 2011: Rescatan un barco de pesca que varou en Corcubión polo temporal.