Publicado e posto a información pública o estudo de impacto ambiental do Porto Mixto de Corcubión
Coincindo xusto no día no que o BNG levaba unha nova pregunta ao Parlamento Galego sobre o asunto, a Xunta de Galicia publica no DOG a aprobación do estudo de impacto ambiental do Porto mixto de Corcubión. A partir de agora ábrese estará aberto a disposición pública para a cidadanía durante 30 hábiles dende mañá, para presentar alegacións.
Levou o asunto o deputado corcubionés do BNG, Oscar Insua, criticando os retrasos para a tramitación deste documento ambiental, unha vez que o proxecto foi aprobado en marzo de 2023. Dende aquela van moitos barcos ás pedras de Santa Isabel, o últomo esta pasada semana.
Quixo explicar nas súas declaracións do presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez Vidal, e convertiu o “retraso” nunha “tramitación rigurosa”, poñendo as razóns da demora na ampliación de zonas litorais protexidas por parte do goberno central.
O proxecto, que prevé a construción dun dique de abrigo de 283 metros (en dúas aliñacións) e a creación de 194 prazas de atracada, 170 para embarcacións deportivas e 24 para o sector pesqueiro pode revisarse nesta web.
Satisfacción “moderada” no BNG
Insua quixo resaltar a eficacia das súas iniciativas no Parlamento: "Cando pregunto, a Xunta pon a máquina a funcionar”, sinalou lembrando tamén a última aprobación relacionada co Corredor.
Con todo, cuestionou a dilación temporal, recordando que o Goberno levou "un ano e medio" cando existen "proxectos máis complicados" elaborados en "tempo récord". O nacionalista centrou as súas críticas “no escaso orzamento adicado ao proxecto, só 20.000 euros para 2026, sumando un total de 75.000 euros en tres anos. Unha cantidade que considerou irrisoria para unha infraestrutura de tal calado”.
O deputado do BNG finalizou a súa intervención exixindo "unha data real" para que Corcubión poida contar finalmente co porto mixto pero o responsable de Portos non quixo facer previsións. “Non sería responsable xerar expectativas frustradas de antemán” asegurou sinalando que “Portos sempre quere cumprir os prazos.
Histórico do proxecto
- Setembro 2025: Poucas novidades sobre o estudo de impacto ambiental do Porto Mixto de Corcubión
- Xuño 2025: A Plataforma veciñal unha reunión co presidente de Portos para analizar como está o proxecto do porto mixto de Corcubión.
- Outubro 2024: O PP recoñece no Parlamento que “non vai ser posible que o vindeiro ano estean en execución as obras" do porto mixto de Corcubión.
- Maio 24: O Informe Ambiental xera dúbidas sobre un posible retraso no Porto Mixto de Corcubión.
- Novembro 2023: O mar de Corcubión, pendente dos posibles retrasos do porto mixto.
- Novembro 23: O enésimo barco ás pedras de Santa Isabel.
- Marzo 23: Escollida a alternativa máis viable para o porto mixto de Corcubión.
- Febreiro 23: Portos pon un horizonte de 4 anos para que o porto mixto de Corcubión poida ser unha realidade
- Xaneiro 23: Volven pedir a recuperación do práctico e o porto mixto de Corcubión.
- Decembro 22: A Xunta sobre o Porto Mixto de Corcubión: “Vai para largo”.
- Decembro 22: A Plataforma apartidista “Portos Si, Mortos Non” acentúa a súa loita polo porto mixto de Corcubión.
- Outubro 22: Crean a Plataforma "Porto si, Mortos non" para esixir o porto mixto de Corcubión.
- Decembro 20: A Conselleira do Mar esquécese das promesas feitas en xullo sobre o porto mixto de Corcubión.
- Xullo 2020: A Xunta expón un estudo con distintas alternativas para mellorar o abrigo no peirao de Corcubión.
- Setembro 2019: Corcubión espera a aprobación do porto mixto.
- 2017: O PSdG pide melloras no peirao e retomar o proxecto do Porto Deportivo de Corcubión.
- 2018: “O sector náutico aínda ten moito que crecer na Costa da Morte”.
- 2011: O PP de Corcubión promete o Porto Deportivo se asume o goberno.
Sucesos no peirao
- Novembro 23: O enésimo barco ás pedras de Santa Isabel.
- Novembro 2022: Outro barco de Corcubión acaba nas pedras.
- Outubro 2019: Outra embarcación ás pedras de Santa Isabel.
- Xuño 2019: A #BorrascaMiguel mandou unha lancha ás pedras de Santa Isabel.
- Maio 2019: Outro barco ás rochas de Santa Isabel.
- 2016: Afunde unha embarcación no porto de Corcubión.
- 2011: Rescatan un barco de pesca que varou en Corcubión polo temporal.