Reclaman a formación gratuíta nos centros do ISM da Costa
Coa súa supervivencia no aire, esta semana o BNG vénb de presentar no parlamento unha iniciativa reclamando ao Instituto Social da Mariña (ISM) garantir o acceso á formación sanitaria nos centros da Costa da Morte. Reclama prazas públicas suficientes para todos os armadores e mariñeiros para que poidan obter a titulación necesaria de maneira gratuíta, sen ter que desprazarse fora da comarca permitindo compatibilizar a formación co traballo. Ademais, exixe o mantemento e mellora da atención presencial integral nas oficinas.
“Hai que permitir unha mellor compatibilidade entre horario laboral e formación para evitar que se deban sacrificar días de traballo no mar”, reivindica Rego, “e iso só pode lograrse se poden acceder aos cursos nun centro próximo”.
NOVAS SOBRE O ISM
- Febreiro 22: Varias Confrarías únense á denuncia contra o desmantelamento silencioso do ISM.
- 28-09-21: Alertan do peche inminente do ISM de Corcubión.
- Maio 21: O Tribunal de Cuentas emite un informe demoledor sobre modelo privatizador dos ISM.
- Febreiro 21: Unanimidade no Parlamento Galego para que o Estado manteña os ISM de Corcubión e Muros.
- Outubro 2020: 150 profesionais do mar concentráronse pola recuperaión do servizo médico no ISM de Corcubión.
- 09-10-2020: O colapso dos ISM fai peligrar a validez do recoñecemento médico obrigatorio dos mariñeiros/as.
- 28-09-2020: Critican a falta de contudencia dos alcaldes/as socialistas da comarca ante o posible peche do ISM.
- 25-09-2020: A Subdelegada do Goberno recoñece que non se pode cubrir a praza de médico do ISM pero afirma que non se vai pechar.
- 24-09-2020: A directora do ISM non cobre a praza do médico, deixa aberta a porta ao peche e mesmo fala de privatizar o servizo.
- 14-09-2020: ISM e xubilación: O BNG escoita as demandas do sector do mar en Corcubión.
- 09-09-2020: “As respostas que nos dan ante a falta de servizo do ISM son un vacile”.
- 09-09-2020: Novas queixas ante a reiterada baixa do médico e o posible peche do ISM de Corcubión.
- 08-09-2020: Alertan da posible perda do servizo do ISM de Corcubión.
- Agosto 2020: Os profesionais do mar denuncian a falta de médico para realizar o recoñecemento médico obrigatorio.