Todas Nós grava en aberto e en directo en Corcubión un episodio do seu podcast
Este vindeiro mércores 10 de decembro ás 19:00h, o Restaurante Catro Perras (Corcubión) acollerá un episodio moi especial e en directo do podcast Todas Nós, conducido por Patricia Vaquero, consultora, formadora e coach, experta en promoción da igualdade e prevención de violencias de xénero. Creadora da comunidade Todas Nós.
Baixo o título “Vivir sendo muller: violencias que non se ven, voces que xa non calan”, a sesión reunirá a diversas persoas profesionais e especialistas para analizar as violencias —visibles e invisibles— que seguen atravesando a vida das mulleres en todos os ámbitos: social, laboral, educativo, dixital e persoal.
Este encontro pretende visibilizar e poñer luz onde o silencio segue sendo a norma, revisando os mecanismos estruturais que sosteñen o machismo contemporáneo, e dando espazo ás reflexións e voces de quen traballa cada día no ámbito da igualdade e dos dereitos das mulleres.
Un espazo para comprender, nomear e transformar
Durante o episodio analizaranse cuestións como:
- As violencias invisibilizadas e naturalizadas que operan na vida cotiá das mulleres.
- As novas formas de violencia dixital e simbólica.
- O impacto da socialización de xénero na percepción e normalización destas violencias.
- Os discursos reaccionarios que medran en redes sociais e afectan á xuventude.
- A importancia das redes de apoio, o acompañamento e a creación de referentes femininos e masculinos.
O obxectivo é achegar unha conversa valente, informada e necesaria, que contribúa a comprender mellor a realidade e a dar ferramentas para a prevención e a resposta.
Un formato aberto á cidadanía
A gravación en directo será aberta ao público, buscando crear un espazo de encontro e diálogo coa veciñanza e co tecido social e profesional da Costa da Morte.
Desde Nós Igualdade agradezo o seu compromiso coa divulgación e coa defensa dos dereitos das mulleres. A vosa colaboración é esencial para facer visible o que durante tanto tempo permaneceu en silencio.
Artigos de Patricia Vaquero nas FirmasQPC
- Chats de homes: Anatomía dunha violencia estrutural
- Violencias machistas: nomear a verdade nun tempo complexo
- Emprender sendo muller: realidade, non relato
- “A trampa da liberdade”
- “Pubertat”: unha serie necesaria para mirar(nos)
- Un ano despois da DANA: as preguntas que seguen sen resposta
- Cancro de mama: menos rosa e máis compromiso real
- Facer que as nais importen (ou como sobrevivir á maternidade no século XXI)
- A democracia en cuestión
- Non hai nada épico na guerra.
Outras novas sobre Patricia Vaquero
- “Que a Costa da Morte acolla un Foro de Liderado Feminino é un privilexio, pero ao tempo, algo necesario”
- O Podcast Todas Nós axúdanos a “baixar o volume da síndrome da impostora”
- O talento de Todas Nós, á escena
- Patricia Vaquero pon en valor a análise da crise co coronavirus dende a perspectiva de xénero nos #DirectosQPC.