A #AxendaCostadaMorte volve por outono

09:41 02/10/20
Fin de semana pasada por auga a que se nos presenta co paso de varias frontes consecutivas. Pero non haberá que ficar na casa, como nos últimos 7-8 meses, pois esta fin de semana comezan moitos Programas Culturais de Outono. Unha alegría para nós volver encher a #AxendaCostadaMorte de eventos, sendo o teatro, e a programación infantil, os favoritos.
Cine
- Os Cines de Cee e Carballo proxectan o filme “La Isla de Las Mentiras”, no que participa Ana Oca e que foi gravado, en parte, en lugares de Muros.
Teatro, monólogos e música
- Monólogo en Vimianzo: O sábado ás 20:30h, Quico Cadaval na Casa da Cultura.
- Monólogo en Camariñas: Oswaldo Digón leva as súas risas a Camariñas o sábado ás 21:00.
- Música e teatro en Muros: Este sábado, a partir das 19:00h, a Alameda de Esteiro acollerá unha nova sesión do Festival das Carrilanas Km.0, cun concertazo de Terbutalina e de Archivo Adxunto (entradas esgotadas). De seguido, ás ás 21:30h, o Centro Cultural de Muros acolle a obra de Ibuprofeno Teatro “O mel non caduca”.
Citas Infantís
- Este venres ás 17:30 no Salón de Actos do Concello de Carnota, A tortoise, un can, two monsters e un pícnic, de Pérez & Fernández.
- Este sábado 3 de outubro, ás 11:00h a Biblioteca Municipal de Santa Comba acolle un contacontos musical, “Cambia o conto”, con Música Miúda, para pequenos a partir de 5 anos.
- O sábado 3 outubro, ás 11.30 horas na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo: “Historias fabulosas, dous magos e outras cousas”. Espectáculo de Ian e Elisa que combina contacontos, maxia e sombras chinesas.
- O domingo 4 comeza a programación do Outono Cultural de Santa Comba coa maxia de Martín Camiña no Edificio de Servizos Múltiples.
- O domingo ás 12:00h, a Biblioteca da Laracha acolle un contacontos para bebés con Trémola Teatro.
Libros e arte
- O sábado de 12:00 a 18:00 inaugúrase na Galería de Manolo Eirín de Carballo unha mostra con Peter Kramer.
- De seguido, Galería Garabato carballesa acolle a presentación do primeiro libro de Lou7Go.
- O Museo MAN, en Camelle, acolle unha exposición solidaria da Fundación Vicente Ferrer.
Andaina
- Zas propón unha Andaina pola Ruta Fluvial de Baio e Monte Castelo para o sábado a partir das 10:00h.
Toda a información na #AxendaCostadaMorte