Venres. 29.03.2024
El tiempo

Camariñas, Laxe e Vimianzo tamén se mollaron pola igualdalde

Manifestacion en Camarinas polo 8M
Manifestación en Camariñas pasada por auga polo 8M
Camariñas, Laxe e Vimianzo tamén se mollaron pola igualdalde

Ademais das grandes mobilizacións de Cee e Carballo, a Costa da Morte viviu outras citas reivindicativas. Por Camariñas postulábase como epicentro comarcal para facer a manifestación comunal da tarde, pero a "contraprogramación" doutros veciños da zona así como a chuvia, impediu conseguir facer unha cita das que marcan unha época. En todo caso, a participación das mulleres de Camariñas foi masiva, e poucas quedaron na casa.

A chuvia empanou a manifestacion do Dia da Muller en Camarinas

Ademais en Vimianzo se viviu tamén unha importante xornada de protesta, cunha manifestación animada por batucada e as pandeiretas.

Un sentido manifesto deu fin á xornada reivindicativa.

Manifestacion polo 8 de marzo en Vimianzo

Tamén en Laxe fixeron historia. Achegáronse ao peirao pequeno para protagonizar un acto simbólico e deixar claro que tamén se mollan pola igualdade, con lectura de manifesto pola veciñanza.

Manifesto #Eumóllome en Laxe

eumollome pola igualdade laxe 2019 1

NO 2018 FIXEMOS HISTORIA: Milleiros de persoas sumáronse ás mobilizacións e ó paro internacional de mulleres, DEMOSTRÁNDOLLE Á SOCIEDADE QUE SE AS MULLERES PARAMOS, O MUNDO PARA!
Hoxe, no Día Internacional das Mulleres, 8 de marzo, hai que seguir apostando firmemente pola defensa dos nosos dereitos, a liberdade e a seguridade das mulleres, así como polas políticas de igualdade como instrumento para mellorar, non só as vidas das mulleres, senón de toda a cidadanía.
O feminismo é a IGUALDADE de homes e mulleres, esa debe ser a nosa loita: a IGUALDADE. Debemos estar comprometidas e comprometidos co cambio social que impulsa o feminismo. Non poderá haber verdadeira transformación senon se conta de maneira esencial coas mulleres, coa súa participación e contribución. Por iso a igualdade debe ser o principio, a bandeira e un asunto transversal nas nosas axendas, marcando un antes e un despois nas políticas. Non imos tolerar nin un só retroceso.
Os dereitos das mulleres non se negocian. NINGÚN PASO ATRÁS NOS NOSOS DEREITOS! As mulleres sufrimos discriminación en todos os ámbitos. Pero é no laboral onde se produce unha das maiores desigualdades que viven as mulleres, pois sen independencia económica, non hai liberdade.
Temos que se seguir loitando contra a brecha salarial, a maior precariedade, así como contra a discriminación no acceso ao emprego e a promoción profesional. Na desigualdade entre sexos está a raíz da violencia de xénero que no noso país acabou coa vida de case 1000 mulleres en 15 anos, 1000 mulleres en 15 anos, dende 2003, ano no que se comezan a contabilizar os asasinatos machistas.
Aí está a nosa responsabilidade como sociedade, deter esta barbarie. Para acabar con ela tamén son necesarios instrumentos específicos, como a Lei de Violencia de Xénero, que foi pioneira en Europa. Tentar confundila coa doméstica é devolvela ao espazo privado, invisibilizando o seu carácter machista, en lugar de considerar a protección das mulleres e os seus fillos e fillas un asunto de toda a sociedade.
Para calquera Goberno, a violencia de xénero debería ser a principal cuestión do noso país. As leis deben ir acompañadas de orzamentos. Sen cartos, as políticas só son declaracións de intencións, papeis mollados que non se poden facer realidade.
Por iso EU HOXE MÓLLOME E PÍDOCHE QUE TE MOLLES CON NÓS, QUE TE IMPLIQUES, QUE CAMIÑES CARA A IGUALDADE PLENA. Porque é unha responsabilidade nos interpela individualmente, a cada un e cada unha de nós, e á sociedade.
E que tamén obriga a todas as Administracións, desde a estatal até a local. Este 8M de 2019, as mulleres e homes saímos ás rúas porque a pesar das conquistas, aínda persisten discriminacións. E hai quenes cuestionan o feminismo tentando devolvernos ao pasado.
O FEMINISMO RECLAMA IGUALDADE, O MACHISMO RECLAMA A SUPERIORIDADE DO HOME. NON SON TERMOS OPOSTOS EU MÓLLOME, porque cando as mulleres avanzan, avanzas ti, a túa filla, o teu fillo, a túa nai, o teu pai... PORQUE CANDO AS MULLERES AVANZAN, TODA A SOCIEDADE E A DEMOCRACIA AVANZA.

eumollome pola igualdade laxe 2019

Entrevistas 8M

Artigos 8M

Novas do 8 de marzo

Máis novas

Comentarios