Martes. 15.10.2024
El tiempo

Os celadores en loita: “Coida a quen te coida”

sdr_soft
Celadores, co apoio doutr@s profesionais, protestando ás portas do Hospital de Cee, o único do Sergas que non ten a categoría de celadores-Foto: Marcos Rodríguez
Os celadores en loita: “Coida a quen te coida”

Esta mañá de venres tivo lugar ás portas do Hospital Virxe da Xunqueira a eterna queixa ante os continuos recortes en materia de sanidade. Se as familias e ata os gobernos municipais protestan polos problemas no servizo de pediatría e de atención primaria, os profesionais do sector levan anos alertando da deriva da sanidade pública, tanto na irregular contratación como na carencia de profesionais.

Así acontece, por exemplo, cos celadores, dándose a circunstancia ademais de que o HVdX segue a ser o único Hospital do SERGAS que non ten celadores.

Así, os profesionais da área quixeron manifestar a súa repulsa á precariedade laboral deste grupo, que teñen que substituir parte da súa categoria polos PSX (Persoal de Servizos Xerais). Celadores do PAC e outros efermeir@s e auxiliares levaron a pancarta "coida a quen te coida" e fixeron lectura do manifesto de Enfermeiras Eventuais en Loita.

Piden que se oferten todas as prazas vacantes, e que se remate cos contratos lixo de apenas un día, ou medias xornadas en centros de saúde deixando descuberta o resto da mañá. Aseguran que se pechan unidades no verán, e as urxencias, dado o aumento poboacional da zona coa volta de migrantes e a chegada de visitantes, están a rebosar. E non só polos recortes en persoal, senón tamén porque cada vez se cubren menos as baixas.

A realidade é que hai carencia de profesionais para vir a estas zonas, e as xentes recén rematadas as carreiras xa están traballando, pero deberían mellorar as condicións.

Celadores diante dun hospital sen celadores

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios