Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Comité de Ferroatlántica denuncia que a empresa volve intentar a venda ilegal das Centrais Hidroeléctricas

Imaxe dunha manifestación en Santiago contra a segregación das centrais e as fábricas
O Comité de Ferroatlántica denuncia que a empresa volve intentar a venda ilegal das Centrais Hidroeléctricas
O Comité de Ferroatlántica denuncia que a empresa volve intentar a venda ilegal das Centrais Hidroeléctricas

Semella que Ferroglobe segue ca teima en vender as centrais hidroeléctricas mentres a Xunta mira para outro lado. Así o entende o Comité de Empresa de Ferroatlántica Cee-Dumbría CCHH, que denuncia que van presentar, a través dos servizos xurídicos, alegacións á publicación do BORME a escisión das factorías do grupo. Unha escisión que para o Comité non é máis que un intento de venda encuberta das centrais.

Volve así á actualidade un asunto que parecía pechado dende 2017, cando a Xunta confirmaba que as centrais e a fábrica de Brens son inseparables.

”Queremos amoxar a nosa desilusión coa empresa, entendemos que e un acto de falsedade e de traición o noso centro de traballo”, explican dende a CGT.

Ferrovial nas Centrais

Así mesmo, o Comité ten constancia da presencia de persoal da empresa Ferrovial na factoría e mesmo nas centrales hidroeléctricas, sacando toda a información posible de todas as instalacions, e  unha enorme inxente de fotos.

ERTE: unha Cortina de fume

Así, consideran confirmado que “o ERTE foi unha cortina de fume para desviar o tema principal que é o da venta ilegal e polo tanto unha segregación encuberta, vender a unha empresa que para nada ten relación con sector das ferroaliaxes e que só ven coa intención de especular coa enerxia eléctrica”.

A sospeita parece clara: Ferrovial adquiriría o complexo industrial e os saltos de auga (para dar aparencia de legalidade á operación) para despois ceder ou realugar a Ferroatlántica as fábricas de ferroaliaxes, o que significaría unha segregación encuberta das centrais.

Mobilizacións

”Queremos trasladar está mesaxe o conselleiro de industria da Xunta de Galicia, que sabemos da situación económica actual da empresa, que é desastrosa, e que vai buscar todas as fórmulas necesarias para saldar a débeda contraída, pero non imos permitir a entrada de especuladores cos embalses, só permitiremos empresas do sector e coa intención clara e inequívoca de traballar coas ferroaliaxes, e cabe recordar, aunque entendemos que a día de hoxe xa debería ser un tema superado, que as centrais hidroeléctricas foron feitas únicamente para facer viables a produción de ferroaliaxes”.

Nese sentido, o Comité continúa este venres co calendario de mobilizacións para esixir solucións á crise da industria electrointensiva, 26 de abril, ás 13:30 horas, nesta ocasión diante da fábrica de aluminio de Alcoa en San Cibrao.

Os venres de maio tamén haberá concentracións.

Novas do co conflito #Ferroatlántica

 

Comentarios