Xoves. 28.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

O Comité de XEAL pediulle á Xunta que actúe xa ante o "desmantelamento" das fábricas

Concentracion dos traballadores de XEAL no Ezaro
Imaxe da concentración dos traballadores de XEAL no Ézaro a semana pasada
O Comité de XEAL pediulle á Xunta que actúe xa ante o "desmantelamento" das fábricas

Este venres 2 de outubro, os representantes docomité de XEAL puideron manter unha reunión coa Xunta de Galicia, para esixirlle que actúe dunha vez ante o “desmantelamento” das fábricas que protagoniza nos últimos meses o fondo de investimento propietario da empresa. O Conselleiro Industria, Francisco Conde, e coa conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, tiveron que escoitar crúas críticas pola “lentitude coa que está a actuar a Xunta” ante esta “drástica baixada de produción”.

Unha baixada de produción, absolutamente inxustificada para os traballadores, que tería como único obxectivo segregar as actividades de produción industrial e xeración hidroeléctrica, para ir pechando as fábricas e acabar ficando só coas centrais.
Nese sentido lembráronlle aos conselleir@s que a vinculación da produción de ferroaliaxes e a enerxética "é a mellor garantía do mantemento dos postos de traballo e da actividade nas fábricas", por iso a Xunta debe esixir canto antes o plan de viabilidade que xa lle solicitara cando se produxo a venta.
Un plan que ademais debe incluír un plan de rearranque dos fornos, xa que as fábricas están ao 30% da súa produción.

Durante a reunión, ademais de pedirlle á Xunta que actúe contra a href="https://www.quepasanacosta.gal/articulo/costa-da-morte/sindicatos-critican-erte-xeal-pide-rescate-da-xunta-intento-segregacion/20200917133906121941.html">o ERTE “fraudulento”, os conselleir@s aseguraron que van manter contacto permanente co Comité. “Moi boas palabras pero o quere o comité son feitos e solucións”, sinala o presidente do Comité, Alfonso Mouzo.

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

Comentarios