Continúan en loita os pais afectados pola non escolarización dos seus fillos


Seguen as 30 familias afectadas pola falta de prazas escolares para os seus fillos de 3 anos en Carballo, con mobilizacións. A plataforma de afectados pola falta de prazas no Fogar decidía a semana pasada continuar coas súas reivindicacións buscando unha solución que podería pasar por habilitar unha cuarta aula no Fogar ou unha segunda aula no colexio Mirón de Bértoa Unha situación que deixa moi tristes a estes pais, que vén con preocupación non poder escolarizar aos seus fillos tendo un centro a 50 metros.

Así, os pais aproveitaron varios actos do 17 de maio, aos actos do Día das Letras Galegas, para amosar, na Praza do Concello, o seu descontento co BNG, con Evencio Ferrero á cabeza, pola súa falta de Dilixencia en intentar resolver un problema que se produce desde fai máis de 10 anos.
E para loitar en todas as frontes, tamén se achegaron a Bertoa, xa que alí ás 20:00 horas tiña o mitin o Partido Popular, partido que agora mesmo goberna na Xunta e que se nega a abrir unha cuarta unidade en Fogar ou unha segunda en Mirón. Falaron con Miguel Ferreiro, e alí comprometeuse a falar co Conselleiro de Educación na Xunta, para intentar solucionar o problema.

”Non houbo previsión”
”É evidente que non houbo previsión da poboación que había que escolarizar na zona do Fogar”, recoñecen os pais, tal e como se puido comprobar na oferta inicial de prazas (44+6 de necesidades especiais) para 101 solicitudes. “Cando nunha vila como Carballo hai 30 familias que non poden levar aos seus fillos ao colexio da súa zona, as cousas non se deben de estar facendo moi ben dende as autoridades competentes”, denuncian os afectados.
Sen respostas ás demanadas
Polo de pronto, as respostas das administracións negándose a dar unha destas solucións non son convincentes. Cada semana, estes pais atópanse coas mesmas respostas, xa que tanto Concello como Consellería admiten que existe un problema co mapa escolar en Carballo, que provoca que nenos de zonas próximas aos colexios quédense sen praza, e outros moito máis afastados téñanse que desprazar a colexios que aparentemente son máis atractivos.
De xeito que se producen desprazamentos innecesarios dunha zona a outra de Carballo, e mentres un colexio está ata arriba, hai outro que apenas ten actividade.
Pero… “a culpa é dos pais ou dos seus nenos? Por que a falta de previsión de Concello e Consellería ten que afectar todos os anos a decenas de familias?”, pregúntanse os afectados.
As explicacións
No caso do Fogar, a razón esgrimida pola Consellería é a masificación do centro. Respecto a isto, os representantes da plataforma que se reuniron co inspector e xefe territorial argumentaron e demostraron con datos que a curto e medio prazo non se incrementaría a masificación do colexio debido a dúas razóns fundamentais:
- Partindo dunha boa planificación e reorganización das zonas de escolarización dos centros de primaria de Carballo por parte das autoridades competentes, e cos datos do alumnado que entraría en 4º de infantil o curso 2016-17, é moi probable que na escola Fogar sexan suficientes dúas aulas dentro de dous cursos. Isto compensaría a creación da cuarta aula para o vindeiro curso.
- Tendo en conta os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria que van ir saíndo do Fogar os próximos anos, non aumentaría a masificación do centro. Ademais, hai que engadir o feito de que existen precedentes de habilitar catro aulas de 4º de infantil no Fogar, o último no ano 2009.
No caso Mirón a solución que solventaría os problemas á 30 pais de Carballo sería tan sinxela como dotar dun noco profesor. Ademais de que tamén hai precedentes de habilitar unha segunda aula, o alcalde comprometeuse a enviar nos próximos días unha carta á Consellería apoiando esta solución, xa que por parte do Concello xa se ten habilitada esta segunda aula e lista para usarse.
Díxose ademais que non se podería abrir esa segunda aula pola imposibilidade de celebrar as Festas de Bértoa, pero os pais aseguran que os veciños de Bértoa non teñen problema, e mesmo estarían dispostos a ceder o local social para que se puidese realizar gimnasia en días de choiva aos nenos. A verdade, só faltaría que se argumentasen asuntos de festas ante a escolarización.
Ao final, veremos que pasa, porque sen dúbida moitas familias non escolarizarían aos seus fillos este ano si non se lles dá unha solución, xa que probarían sorte o ano próximo, para non estar condenados a desprazamentos durante os próximos 9 anos.
Máis información
Novas relacionadas
- Esixen a apertura dunha segunda aula na CRA Mirón para os nenos sen praza escolar.
- Manifestación polos 20 nen@s sen praza escolar.
- 50 nenos quedan sen escolarizar en Carballo por mor dos recortes.
- Os recortes nas escolas xa están na rúa.
Novas sobre a loita contra a LOMCE
- 07-11-14: A ANPA A Granxa retoma o Pedibús pero tamén as mobilizacións-protesta.
- A comunidade educativa non queda calada ante os continuos recortes.
- Abrazando o ensino público contra a LOMCE.
- A Xunta responde con máis recortes ás denuncias públicas do IES Pedra da Aguia.
- 29-10-14: O IES Pedra da Aguia denuncia un novo recorte no horario dunha mestra a metade de curso.
- A ANPA A Granxa xa colleita sinaturas contra os recortes.
- As ANPAS dos Muíños e CEIP Bergantiños alzan a voz de novo contra os recortes.
- As familias aprenden a educar ca Fedanpa.
- A Fedanpa empeza o curso #LOMCE en clave de loita.
- Os recortes no CPI Xosé Pichel indignan aos pais de Coristanco.
- O grupo de 4º de Primaria que non tiña titor.
- O IES Pedra da Aguia critica o recorte de mestres no comezo do primeiro curso LOMCE.
- Parches en 16 centros educativos da bisbarra.
- A Xunta anuncia que manterá aberta a Escola de Carnés.
- A ANPA do CEIP de Malpica esixe unha solución aos problemas de persoal.
- Os pais e nais de Carballo piden o mantemento da novena unidade de Educación Infantil do CEIP Fogar.
- As ANPAS inciden na volta ao sistema de préstamo universal de libros de texto.
- As Anpas Galegas conclúen en Vimianzo que hai que seguir mobilizándose polo ensino público e de calidade.
- A Costa da Morte móllase polo ensino público.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).