Xoves. 28.03.2024
El tiempo

COVID: Falece un home de 88 anos no HVdX

Mapa COVID Galicia 20-11-2020
Mapa COVID Galicia 20-11-2020
COVID: Falece un home de 88 anos no HVdX

Onte faleceu un home de 88 anos no Hospital Virxe da Xunqueira, diagnosticado de coronavirus e con patoloxías previas.

É a novidade máis salientable dos datos deste 19 de novembro, tralo que hai poucas novidades no mapa de alertas. As cifras seguen sendo moi preocupantes pola zona de Bergantiños, cunha tasa de incidencia media que supera os 800 casos por cada 100.000 habitantes, moi lonxe dos 125 que se estiman necesarios para levantar as restricións.

  • Nivel 3 (máis de 21 casos positivos por confirmados por PCR na última semana): A Laracha, Carballo, Coristanco, Malpica, Cabana.
  • Nivel 2 (entre 14 e 21 casos positivos confirmados por PCR na última semana): Vimianzo e Ponteceso.
  • Nivel 1 (entre 7 e 14 casos positivos confirmados por PCR na última semana): Santa Comba, Dumbría, Muxía e Camariñas.
  • Nivel 0 (menos de 7 casos positivos confirmados por PCR na última semana): Cee, Laxe, Muros, Fisterra, Corcubión, Mazaricos, Carnota e Zas.

Seguen quedando 11 ingresados no HVdX.

 

Entrevista

Máis novas do COVID

Comentarios