COVID: A Costa da Morte segue campeando a pandemia e repasa a retirada paulatina de restricións

Evolucion Covid Costa da Morte xuno 2021

Albiscamos con optimismo a chegada do verán cunha situación sanitaria relativamente controlada na Costa da Morte. Son varias varias semanas cunha incidencia acumulada a 14 días comarcal que ronda so 50-60 novos casos por cada 100.000 habitantes, o que tamén nos deixa claro que non podemos baixar a garda.

De feito, o número de casos subiron nos últimos 10 días, cun maior impacto en Carballo e Zas. Mentres, Coristanco, Laxe, Mazaricos, Santa Comba, Muros e Muxía son os concellos que estes días non presentan nin un só novo contaxio nos últimos 14 días.

Asi, imos debullando como afectan as novas normativas, nas uqe a Xunta rebaixa as restricións. Por exemplo, eliminado o toque de queda, a partir deste sábado poderémos reunir entre a 1:00h e as 6:00h da mañá en casas ou exteriores.
Na hostalería mantense a limitación de 6 persoas no interior pero suben de 10 a 15 nas terrazas. Os bares ademais poderán ampliar o seu horario a hostalería que ofrece ceas (ata as 1:00h).

Outro dato que nos atinxe é o relativo aos albergues de peregrinos, que poderán encherse ata o 30%, salvo que os ocupantes da habitación compartida estean acreditados como grupo burbulla.

 

Centros de ensino

A incidencia nos centros de ensino segue á baixa, como reflicten os datos de onte:

10-06-2021 Centro Total
Positivos
Aulas
Pechadas
CARBALLO IES Monte Neme 1 0
LARACHA IES Agra de Leborís 3 0
MALPICA CEIP Joaquín Rodríguez Otero 1 0
TOTAL 7 5 1

 

MÁIS NOVAS SOBRE O COVID