Venres. 29.03.2024
El tiempo

COVID: A Costa consegue controlar o último repunte

  • Os centros de ensino erxistran unha enorme caída na última semana
Grafica do COVID na Costa da Morte novembro 2020 maio 2021
Gráfica sobre a evolución do COVID na Costa da Morte dende novembro 2020 a maio de 2021. Fonte: QPC cos datos da plataforma de transparencia do Sergas
COVID: A Costa consegue controlar o último repunte

Coa Laracha en nivel de restrición Alta e Fisterra en nivel Medio, continúa a Costa da Morte campeando esta recta final de pandemia. A forte constrición e o ritmo de vacinación (hoxe hai convocadas 611 persoas para vacinarse con Pfizer no HVdX) permitiu que o último repunte acontecido entre finais de abril e principios de maio fose controlado.
Ademais, dende o 27 de marzo o Sergas non dá conta de ningún falecido no Hospital Virxe da Xunqueira, onde a día de hoxe hai unha persoa hospitalizada.

A baixada drástica de casos na Laracha e Carballo provoca unha importante caída. Así, en menos dunha semana baixamos de 129 casos a 93 nos últimos 15 días, polo que a incidencia a 14 días cae en Bergantiños de 110 a 45 novos casos por cada 100.000 habitantes, e situándose no global dos 19 concellos da Costa da Morte en 71 (polos 98 da semana pasada).

Datos Covid Costa da Morte 18-05-21

Por Fisterra saltou a alarma ao longo da semana pasada coa hospitalización dunha parella dunha aldea Sardiñeiro que xa recibira a primeira dose, e que nos obriga a seguir coas meirandes precaucións. É precisamente nese lugar onde se concentran 9 dos 13 casos rexistrados nos últimos 14 días.

Polo lado positivo, Dumbría, Vimianzo e Malpica son dous únicos Concellos que non contan a día de hoxe ningún caso activo.

Clara caída nos Centros de Ensino

En apenas unha semana a baixada da incidencia é tremenda nos centros de ensino: de 28 casos en 11 centros rexistrados o pasado 11 de maio, aos 6 casos en 5 centros rexistrados este mesmo mércores 19.

19-05-2021 Centro Total
Positivos
Aulas
Pechadas
CARBALLO IES Isidro Parga Pondal 2 0
CARBALLO IES Alfredo Brañas 1 0
CEE CEIP Plurilingüe Eugenio López 1 0
MALPICA CEIP Joaquín Rodríguez Otero 1 0
MALPICA CEIP Milladoiro 1 0
TOTAL 5 6 0
 

MÁIS NOVAS SOBRE O COVID

Comentarios