Venres. 18.06.2021
El tiempo

COVID: Fisterra e Cee quedan en nivel Medio mentres o os bares poderán servir ceas ata a 1:00h

Dia de vacinacion no Hospital Virxe da Xunqueira-Foto-Rafa Quintans
Longas colas un día de vacinación no Hospital Virxe da Xunqueira-Foto-Rafa Quintans
COVID: Fisterra e Cee quedan en nivel Medio mentres o os bares poderán servir ceas ata a 1:00h

As novidades que anunciaba onte o Comité Clínico sobre o mapa de restricións afectan directamente á bisbarra, que ve como dende este sábado 22 de maio serán os Concellos de Fisterra e Cee os que sofrirán o Nivel Medio, unha vez que A Laracha cae do nivel Alto ao baixo. Así, en Cee e Fisterra as terrazas só poderán abrir ao 50% en terrazas e ao 30% en interior ata as 23:00h.

En calquera caso, a comarca conseguiuu controlar a pequena subida das dúas últimas semanas e a curva volve baixar, se ben nos últimos dous días subiron as cifras lixeiramente, pasando a  incidencia acumulada comarcal a 14 días de 71 a 79 novos casos por cada 100.000 habitantes. Hoxe, de feito, é só o Concello de Mazaricos o que non suma ningún positivo nos últimos 14 días.

Seguimos sen falecidos rexistrados no HVdX dende o pasado 27 de marzo, e as cifras de vacinación continúan subindo, provocando longas colas ás portas do centro, onde entre mércores e xoves foron citados case 900 veciñ@s, pero onde hoxe venres non hai sesión.

O cambio máis importante sinalado pola Xunta é que bares de tapas e establecementos similares, sen licenza de restaurante poderán ofrecer comidas e atender o público ata a 1:00 da madrugada.

MÁIS NOVAS SOBRE O COVID

comentarios