Venres. 18.06.2021
El tiempo

COVID: Só Cee queda en nivel medio de restrición mentres segue baixando a incidencia

A incidencia segue sendo moi baixa nos centros de ensino, cunha aula soa pechada na vila da Xunqueira
Grafica da evolucion do COVID Costa da Morte 25-05-2021
Fonte: QPC cos datos do portal de transparencia do Sergas
COVID: Só Cee queda en nivel medio de restrición mentres segue baixando a incidencia

A partir das ás 00:00 horas do sábado 29 de maio, só o Concello de Cee quedará no medio de restrición (isto é, coa hostalería aberta ao 30% en interior e 50% en terraza). O resto da comarca, coa baixada de nivel de Fisterra, fican en nivel baixo.

Mentres, a incidencia segue baixando. Onte había rexistrados 81 novos casos nos últimos 14 días nos 19 concellos da comarca (lembren que o portal de Transparencia da Xunta entre 1 e 9 non especifica o dato concreto de casos positivos e nós facemos unha media de 5 casos en cada concello). Unha cifra que supón 23 casos menos que hai só 5 días, baixando a incidencia acumulada a 14 días a 61 casos por cada 100.000 habitantes, volvendo as cifras do pasado mes de abril.

Laxe, Ponteceso, Mazaricos e Muros son os concellos que hoxe non teñen novos casos.

Centros de ensino

Mantense tamén baixa a incidencia nos centros de ensino, con só un pequeno gromo destacable, o do CEIP Eugenio López de Cee, que provocou o peche dunha aula.

25-05-2021 Centro Total
Positivos
Aulas
Pechadas
CARBALLO IES Alfredo Brañas 1 0
CEE IES Fernando Blanco 1 0
CEE CEIP Plurilingüe Eugenio López 3 1
CORISTANCO CRA de Coristanco - Santa Comba 1 0
MALPICA CEIP Joaquín Rodríguez Otero 1 0
MALPICA CEIP Milladoiro 1 0
TOTAL 6 8 1
 

Novas relacionadas

 

MÁIS NOVAS SOBRE O COVID

comentarios