COVID: Fisterra entra en nivel medio e Carballo e Coristanco volven ao nivel baixo de restricións

A partir deste venres 14 de maio ás 0:00h, entrará en vigor o novo mapa de restricións que acordou a Xunta. Con dúas novidades importantes. Por un lado, Carballo (está en nivel medio) e Coristanco (está en nivel alto) volven a nivel baixo de restricións, puidendo, como case toda a bisbarra, abrir a hostalería na terraza ata o 75% e no interior ata o 50%.
Pola contra, Fisterra entra en nivel medio de restricións, no que a hostalería só poderá abrir ao 50% en terraza e ao 30% no interior.
Queda só A Laracha, con 24 novos casos nos últimos 14 días e 10 nos últimos 7, en nivel máximo de restricións, pendentes dos resultados do cribado realizado a semana pasada.
(Ás 10:00h, en canto o portal de transparencia da Xunta actualice os datos, completamos coas cifras).
INCIDENCIA
A comarca de Bergantiños queda con 74 casos, 23 menos que fai 15 días, pasando dunha incidencia acumulada comarcal a 14 días de 144 a 110 novos casos por cada 100.000 habitantes.
En calquera caso, en toda a bisbarra a baixada é menor, pois pasamos de 142 a 129 casos, xa que en varios concellos que estaban sen casos comezaron a agromar. A incidencia a 14 días volve baixar de 100 novos casos por cada 100.000 habitantes.
Só quedan Vimianzo e Muxía sen casos.
Centro de ensino
Volve baixar a incidencia nos centros de ensino tralo amago das pasadas semanas. Apenas os CEIP dew Caión (A Laracha) e IES Parga Pondal (Carballo) manteñen unha incidencia destacada, con 8 casos activos cada un. Os centros de Cee quedan sen casos activos e no resto da bisbarra son casos moi illados.
Agora temos 28 casos (10 menos que a semana pasada) en 13 centros afectados (3 menos que hai 5 días).
11-05-2021 | Centro | Total Positivos |
Aulas Pechadas |
A LARACHA | CEIP Caión | 8 | 3 |
A LARACHA | IES Agra Leborís | 1 | 0 |
A LARACHA | CEIP Ramón Otero Pedrayo | 1 | 0 |
CARBALLO | CPR Plurilingüe Artai | 1 | 0 |
CARBALLO | IES Isidro Parga Pondal | 8 | 0 |
CARBALLO | CEIP Fogar | 1 | 0 |
CARBALLO | IES Alfredo Brañas | 1 | 0 |
CARBALLO | IES Monte Neme | 2 | 0 |
CARNOTA | CEIP Plurilingüe de Carnota | 1 | 0 |
CORISTANCO | CEIP Canosa-Rus | 1 | 0 |
PONTECESO | IES Eduardo Pondal | 1 | 0 |
SANTA COMBA | CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza | 1 | 0 |
VIMIANZO | CEIP Plurilingüe San Vicenzo | 1 | 0 |
TOTAL | 13 | 28 | 3 |
MÁIS NOVAS SOBRE O COVID
- 05-05-21: COVID: A Laracha, por un gromo no CEIP de Caión, súmase a Coristanco no nivel alto de restricións.
- 03-05-21: COVID: A incidencia nos centros de ensino multiplícase por 4 en 10 días.
- 29-04-21: COVID: A Laracha e Carballo, no nivel medio de restricións.
- 28-04-21: COVID: Coristanco sube este venres ao nivel alto de restricións.
- 28-04-21: COVID: O Sergas prepara outro cribado no IES da Laracha ante o repunte de casos en toda a comarca.
- 26-04-2021: Coronavirus: Carnota pasa a nivel medio e o Sergas fai cribados en Carnota, Carballo e Vimianzo.
- 23-04-2021: O Sergas realizará mañá un cribado en Vimianzo ante o repunte de casos.
- 21-04-2021: Lixeiro repunte na comarca.
- 12-04-2021: Un só caso positivo nos centros de ensino da comarca.
- 07-04-2021: Todos os Concellos da Costa quedan en nivel baixo de restricións.
- 22-03-2021: COVID: Os maiores de 80 anos da comarca xa reciben a segunda dose .
- 17-03-2021: COVID: A hostalería poderá abrir ata as 21:00.
- 15-03-2021: COVID: A Costa da Morte baixa dos 100
- 05-03-2021: COVID: Ningunha aula pechada nos apenas 13 centros afectados da Costa da Morte.
- 02-03-2021: COVID: A pandemia marca os seus mínimos
- 22-02-2021: COVID: O cribado de Carballo reafirma a tendencia á baixa.
- 22-02-2021: Primeiro día de vacinación á veciñanza maior de 80 anos no Centro de Saúde de Muros