COVID: A Laracha, por un gromo no CEIP de Caión, súmase a Coristanco no nivel alto de restricións

Os bares da Laracha non poderán abrir no interior a partir deste venres 7 de maio. Xa acontece en Coristanco dende a semana pasada, como outro dos Concellos de Galcia que se atopan en Nivel Alto de restricións. A chave é un gromo no CEIP de Caión onde hai 8 casos confirmados e 3 aulas pechadas.
Carballo queda no nivel Medio (a hostalería só poder abrir ao 30% no interior e 50% en terraza. Un Nivel do que sae Carnota, unha vez atallados os posibles gromos.
En calquera caso, a escalada que vivíamos nos últimos 10 días parece estancarse e hoxe concellos como Carballo ou Coristanco rompen a tendencia á alza reducen lixeiramente as súas cifras. Só Laracha sobe de 24 a 30 casos nos últimos 14 días.
En global, os 19 concellos da comarca suman 135 casos (3 menos ca onte) e a incidencia acumulada a 14 días baixa lixeiramente situándose nos 100 novos casos por cada 100.000 habitantes.
Quedan sen ningún caso nos últimos 14 días os seguintes concellos: Camariñas, Mazaricos, Zas, Laxe, Cabana, Corcubión, Fisterra e Muxía.
Cribado en Carballo
A área Sanitaria da Coruña e Cee realiza dende hoxe mércores día 5, ata o venres día 7 de maio, un cribado poblacional mediante test PCR aos veciños de entre 20 e 39 anos. O lugar elixido é o Centro de Saúde de Carballo. Todos os veciños deste municipio, pertencentes á franxa de idade establecida (5.650 aprox.), serán citados mediante mensaxe SMS nos seus teléfonos móbiles en horario de 16:00 a 21:00 horas hoxe mércores, e de 09:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, o xoves e o venres.
Centros de ensino
Máis novas sobre o covid
- COVID: A incidencia nos centros de ensino multiplícase por 4 en 10 días.
- 29-04-21: COVID: A Laracha e Carballo, no nivel medio de restricións.
- 28-04-21: COVID: Coristanco sube este venres ao nivel alto de restricións.
- 28-04-21: COVID: O Sergas prepara outro cribado no IES da Laracha ante o repunte de casos en toda a comarca.
- 26-04-2021: Coronavirus: Carnota pasa a nivel medio e o Sergas fai cribados en Carnota, Carballo e Vimianzo.
- 23-04-2021: O Sergas realizará mañá un cribado en Vimianzo ante o repunte de casos.
- 21-04-2021: Lixeiro repunte na comarca.
- 12-04-2021: Un só caso positivo nos centros de ensino da comarca.
- 07-04-2021: Todos os Concellos da Costa quedan en nivel baixo de restricións.
- 22-03-2021: COVID: Os maiores de 80 anos da comarca xa reciben a segunda dose .
- 17-03-2021: COVID: A hostalería poderá abrir ata as 21:00.
- 15-03-2021: COVID: A Costa da Morte baixa dos 100
- 05-03-2021: COVID: Ningunha aula pechada nos apenas 13 centros afectados da Costa da Morte.
- 02-03-2021: COVID: A pandemia marca os seus mínimos
- 22-02-2021: COVID: O cribado de Carballo reafirma a tendencia á baixa.
- 22-02-2021: Primeiro día de vacinación á veciñanza maior de 80 anos no Centro de Saúde de Muros