Martes. 11.05.2021
El tiempo

COVID: A incidencia nos centros de ensino multiplícase por 4 en 10 días

  • Carballo, Coristanco e A Laracha probocan un aumento na taxa de incidencia ata superar os 100 novos casos por cada 100.000 habitantes
IES Parga Pondal
O Sergas anuncia un cribado no IES Parga Pondal
COVID: A incidencia nos centros de ensino multiplícase por 4 en 10 días

Con Coristanco en nivel de restrición alta (a hostalería non se pode abrir o interiro) e Carballo, Carnota e A Laracha en nivel medio, afronta dende este luns esta nova fase da pandemia a Costa da Morte.

Unha fase na que a taxa de incidencia acumulada comarcal xa supera os 105 casos por cada 100.000 habitantes, tendo nos 9 concellos un total de 139 casos, o doble que hai 20 días.

Preocupan os concellos de Carballo, Coristanco e A Laracha, con incidencias de entre 150 e 2050 casos.

No lado bo, son 6 os concellos que non sumaron ningún novo caso nos últimos 14 días: Corcubión, Muxía, Fisterra, Mazaricos, Zas e Camariñas.

Casos Covid costa da Morte maio 2021Evolucion Covid Costa da Morte novemnro 2020 a maio 2021

Aumento nos Centros de Ensino

Os datos nos Centros de Ensino segue aumentando. En apenas 10 días (do 20 de abril ao 1 de maio) a incidencia multiplicouse por 4, pasando de 9 casos en 6 centros, a 37 casos en 15 centros.

Por exemplo, o IES Parga Pondal sumou en poucos días 10 novos casos, de aí que o Sergas, (ademais dos cribados no IES da Laracha, e cribados en Carnota, Carballo e Vimianzo), realice outro cribado este luns, mediante PCR no IES Isidro Parga Pondal de Carballo. Serán 700 alum[email protected] do centro de 1º, 2º e 4º de ESO, 1º e 2º de Bachillerato, 1° e 2° superior de informática, así como al profesorado de estos cursos os que fagan a proba no mesmo centro.

 

Concello Centro Total
Positivos
Aulas
Pechadas
A LARACHA CEIP Caión 7 0
A LARACHA IES Agra Leborís 3 0
A LARACHA CEIP Ramón Otero Pedrayo 1 0
CARBALLO CEIP Bergantiños 2 0
CARBALLO CPR Plurilingüe Artai 1 0
CARBALLO IES Isidro Parga Pondal 10 0
CARBALLO CEIP Fogar 1 0
CARNOTA IES Lamas de Castelo 2 1
CARNOTA CEIP Plurilingüe de Carnota 4 0
CEE IES Agra de Raíces 1 0
CEE CEIP Plurilingüe Eugenio López 1 0
CORISTANCO CEIP Canosa-Rus 1 0
MAZARICOS CPI Plurilingüe da Picota 1 0
SANTA COMBA CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza 1 0
VIMIANZO CEIP Plurilingüe San Vicenzo 1 0
TOTAL 15 37 1

 

Vacinación

Vacinacion COVID

Ademais, o Sergas informa que durante esta fin de semana o Hospital Virxe da Xunqueira administrou máis de 1.100 vacinas de Pfizer.

No centro hospitalario hai 2 ingresados con covid.

Máis novas sobre o covid

comentarios