Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Esixen a apertura dunha segunda aula na CRA Mirón para os nenos sen praza escolar

Esixen a apertura dunha segunda aula na CRA Mirón para os nenos sen praza escolar
Pais e nais de Carballo reunidas coa Xefatura Territorial de Educacion

Seguen os pais e nais afectados pola non escolarización de 20 nenos no CEIP Fogar de Carballo en plena loira burocrática. O pasado venres unha representación de 3 pais mantivo unha reunión coa Xefatura Territorial de Educación, na que os afectados centraron as esixencias na apertura dunha segunda aula na escola de Mirón.

I é que son conscientes de que un caso así podería provocar un “perigoso” precedente para a administración, algo que non pasaría coa apertura da aula en Mirón pois esta xa se abriu noutras ocasións por motivos similares.

En todo caso, a Xefatura explicou aos pais que esta apertura non está recomendada pola dirección do CRA, dado que en caso de choiva, os nenos que hai actualmente na primeira unidade, non dispoñerían doutro lugar para poder realizar actividades físicas.
Isto pon de manifesto outra reivindicación que ano tras ano se vén solicitando na unitaria de Mirón, e é que se dispoña dun pequeno patio cuberto. De necesidade en necesidade.

Aí é onde entra o Concello de Carballo, que xa manifestou a súa disposición para acondicionar e realizar as obras necesarias, polo que os pais terán unha reunión o luns co Alcalde para confirmar estas obras para acondicionar un patio na Unitaria de Mirón. E con esa conformidade esperan que a Xunta poña en marcha, sen máis trabas, a segunda aula, para o que a Xunta só necesitaría poñer un mestre máis.

Masificación no CEIP Fogar?

Falouse tamén da actual masificación do CEIP Fogar. Desde varias fontes, recoñeceuse que no centro existen aulas dispoñibles, polo que simplemente tería que haber vontade política de acondicionalas e abrilas.

Os pais levaron un completo estudo á Consellería, no que se incidía en dous aspectos:

  • Segundo o seguinte cadro de escolarización para o curso 2015-2016 no Colexio Fogar, haberá no centro 750 alumnos, dos cales, dentro de 3 anos iranse 6º primaria (84 alumnos), 5º primaria (82 alumnos) e 4º primaria (107 alumnos), o que fai un total de 273 alumnos, que en ningún caso veranse superados polos alumnos escolarizados nos 3 anos vindeiros (debido á reforma do Colexio Bergantiños que agora xa acolle 3 unidades cada ano e si realmente se correxise o Mapa Escolar para que o Colexio San Luís Romeu teña máis peso dentro de Carballo).
  • Segundo o cadro de nacementos en Carballo e parroquias colindantes, a situación non empeorará nos próximos tres cursos, dado que o ano 2012 foi a máxima marca de nacementos nos últimos 6 anos (o cal podería facer presaxiar este problema de prazas). O ano 2013, ten no casco urbano 189 nacementos (43 menos que no ano 2012, polo que esta situación permitirá que 2 aulas sexan suficientes no Fogar o ano que vén, desmasificando aos poucos así o centro)

Máis información

Novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

Comentarios