Xoves. 07.11.2024
El tiempo

Fronte común de concellos contra o convenio imposto por Portos para o control da pesca recreativa nos peiraos

Reunion en Rianxo
Imaxe da reunión celebrada en Rianxo, coa rexedora de Camariñas, Sandra Insua, e a de Moaña, Leticia Santos, en primeiro plano
Fronte común de concellos contra o convenio imposto por Portos para o control da pesca recreativa nos peiraos

Segue traendo cola a regulación da pesca recretativa que a Xunta está impoñendo nos portos do país. Tralas https://www.quepasanacosta.gal/articulo/carnota/portos-acepta-ampliacion-das-zonas-pesca-recreativa-portocubelo-outros-5-peiraos-costeiros/20220401132202134983.html>condicións impostas por Portos en 25 portos galegos (entre os que se atopan os de Camariñas, Camelle, Fisterra, Malpica e Muros), os rexedores e rexedoras de varios destes concellos amosaron a súa fronte común en contra do que chaman ”un convenio imposto, non negociado, innecesario e ilegal desde o punto de vista competencial”.

Representantes dos Concellos de Camariñas e Fisterra (non se une o goberno popular de Muros), reuníanse hoxe cos homólogos de Rianxo, A Pobra, Cambados, Bueu, A Illa de Arousa, Cariño, Moaña e Boiro (Sada e Ribadeo tamén se uniron) para demostrar o seu rexeitamento a estas medidas: “Queremos que a pesca recreativa continúe como antes de que Portos crease este problema”, explican.

Lembran que no texto do convenio se sinala como obriga para os Concellos que asuman a vixilancia, medidas preventivas, control, aplicación e cumprimento polos pescadores da normativa de pesca nos peiraos actualizada por Portos de Galicia no ano 2021. Ademais, tamén se lle insta ás entidades locais a que fagan rondas de vixilancia, sinalicen as zonas e identifiquen as persoas que acceden para a práctica da pesca.

Condeiran ademais que “o convenio é ilegal desde o punto de vista competencial” xa que “non temos capacidade de cumprir as obrigas que nel nos impoñen nin tampouco temos por que adquirir responsabilidades de tipo patrimonial e mesmo penal que non nos corresponden aos concellos”.

No comunicado conxunto destacan que “o problema actual creouno Portos de Galicia coa resolución presidencial do 26 de xullo de 2021 e debe ser este ente quen o resolva a través do diálogo co sector”. “Imos trasladar esta situación á executiva da Fegamp para que tome coñecemento desta situación e traslade o noso posicionamento ao resto dos concellos afectados”, explicaron.

“Pretendemos que se volva a status quo antes desta situación e a pesca recreativa continúe como estaba facendo ata o de agora, pescando con tranquilidade nos nosos portos”, afirman. “Hai un intento de trasladar o problema aos concellos, por iso o rexeitamos, porque pode derivar en consecuencias gravísimas de todo tipo, económicas e penais, e ademais non temos a posibilidade nin os recursos para establecer unha policía portuaria”.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios