Medio pasiño atrás

Cando xa nos atopabamos relativamente familiarizados con esta "nova normalidade", os datos epidemiolóxicos de varias comarcas do país colocan ás restricións en materia de seguridade en niveis de hai semanas ou mesmo meses (a falta do DOG a Xunta enviou esta nota de prensa).
Xa tiñamos posto de manifesto que as medidas estaban suxeitas á evolución da pandemia, mais non deixa de ser, en certo modo, triste termos que barallar novas cifras e novas limitacións.
Un toque de atención para non baixar a garda ante a pandemia, e seguir sendo plenamente responsábeis, achegando todo o que nos sexa posíbel para atallar novos gromos. Imos a elas.
Aplícanse estas novas restricións a toda a Costa da Morte?
Non.
Neste post referímonos ás limitacións que a Xunta de Galicia vén de colocar en Santa Comba, Laracha e Carballo. Hoxe quedamos en Bergantiños e no Xallas.
Cando entran en vigor?
As medidas que detallaremos deseguido, terán forza a partires das 00:00h do xoves 3 de setembro de 2020 e manteranse, en principio e sempre en función das cifras epidemiolóxicas, durante unha semana.
Que medidas se colocarán nestas zonas?
En principio non son moitas. Trátase de medidas que buscan conter a aparición de eventuais gromos co que o seu impacto inicial parece leve.
Estas son:
- Peche dos centros de día, e cancelación das visitas en residencias
- 50% da capacidade en establecementos comerciais, locais de hostalaría e ocio, que deberá pechar, como moi tarde, ás 01:00h da madrugada.
- Limitación, en xuntanzas, a 10 persoas, cando estas sexan non convivintes
- Volvemos á prohibición do consumo en barra nos locais de hostalaría
- Redución da capacidade en cerimonias relixiosas, vodas, bibliotecas, autoescolas e centros privados de ensino, entre outros
(Nota: algunhas destas restricións de capacidade non entrarán en vigor até o luns vindeiro)
- Miguel Vieito Villar. Avogado en exercicio e consultor. @MiguelVieito.
Novas dos últimos gromos
- 01-09-2020: O gromo de Ponteceso aumenta a 17 casos.
- 29-08-2020: Laxe suma 3 positivos por coronavirus e o gromo de Santa Comba segue medrando.
- 27-08-2020: "En Carnota non hai gromo de covid19”.
- 26-08-2020: Confirman 6 novos positivos de coronavirus en Ponteceso:
- 25-08-2020: O gromo de Santa Comba aumenta ata 28 positivos e o Concello pecha todas as instalacións.
- 22-08-2020: Xa son 11 os positivos do gromo de coronavirus de Santa Comba.
- 21-08-2020: Santa Comba confirma 3 novos positivos por coronavirus.
- 20-08-2020: Confirman 5 positivos no Concello de Ponteceso.
- 17-08-2020: As 69 probas PCR vinculadas ao brote do camping de Muros dan negativas:
- 10-08-2020: A empresa cárnica de Baíñas confirma que os 7 casos positivos son asintomáticos e que lle fixo PCRs a todos os traballadores.
- 06-08-2020: Dous positivos por coronavirus obrigan a pechar unha empresa cárnica de Vimianzo.
Artigos explicativos de Miguel Vieito Villar
- 28-06-2020: Novas normas na “nova normalidade”
- Ten moito de nova, pero non tanto de “normalidade”. Benvidxs á última fase.
- Imos tomar a penúltima: toca a Fase III
- Fase 2 anunciada... e agora que?
- E chegou a Fase... 1,5?.
- Instrucións para a Fase 1.
- Fase cero: paseos, actividades deportivas e ámbito rural.
- Saídas á rúa de menores de idade: seis datos que debemos ter presentes.