Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: Dúbidas sobre a sinalización do Camiño de Santiago

Mojon do Camino Fisterra Cruce Factoría XEAL Cee-Muxía copia
Mojón do Camiño no cruce da Factoría de Brens
O Modesto Patrimonio: Dúbidas sobre a sinalización do Camiño de Santiago
Estamos vivindo un tempo en que está de moda facer senderismo, principalmentre recorrer tramos do Camiño de Santiago. Cando viaxamos polo territorio da Costa da Morte adoitamos atopar fitos de granito, que conteñen unha placa cunha vieira e unha frecha gravada pintada de amarelo que nos indica o destino.

No mesmo fito hai unha pequena placa metálica gravada con números que indica a distancia en quilómetros coas súas milésimas, é dicir, coa precisión do metro e que van disminuíndo segundo nos achegamos o destino.

Lin que no ano 1954 a frecha amarela foi unha ocorrencia de don Elias Valiña, cura do Cebreiro, que as pintou nas paredes do adro da súa parroquia para guiar aos peregrinos na súa saída a Compostela.

Sobre a "Vieira" é outra canción. Na década dos 90, do século pasado, convocouse un concurso para deseñar unha icona para sinalizar o Camiño de Santiago e gañou a imaxe da cuncha dunha "vieira". Aquí xorde a dúbida no xeito de colocala. Algúns cren que os raios (liñas) que saen da cuncha marcan a dirección dos diferentes camiños das rutas xacobeas europeas que conflúen nun punto que é Compostela. Outros pensan que estas liñas actúan como os raios dun faro que ilumina o camiño cara a Compostela.

A este descontrol orientativo súmase posteriormente a extensión das rutas que van de Santiago, Fisterra e a Muxía. Os fitos de granito moi visibles guíanos pola frecha amarela cara ao seu destino, nalgúns casos contradicíndose cos raios das vieiras debido á súa orientación ou interpretación. Na maioría dos casos os raios apuntan a dirección cara a Santiago e noutros o contrario.

En canto ás placas quilométricas, chama a atención a súa precisión en milésimas de quilómetro, é dicir, o "metro". Non sei o método empregado para medir esas distancias. Localizar un marco con GPS é doado e preciso, non a distancia poligonal que os separa xa que require medios topográficos e tempo. Opino que chegaba con poñer os quilómetros cunha décima, é dicir, hectómetros, que é o que lle interesa ao peregrino.

Outra información importante é a súa situación xeográfica. Hoxe en día é moi doado xeorreferenciar mediante coordenadas UTM, sen esquecer o elipsoide de referencia 29ETRS89. Estes datos, na actualidade, son moi importantes xa que cun teléfono móbil e múltiples aplicacións, darían información e seguridade aos peregrinos.

Mojon no Camino Olveiroa-Fisterra copia

Outros artigos no "Modesto Patrimonio"

Patrimonio Pindexo

Comentarios